Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lido en Vieiros [14/02/2007 18:18]
A CIG PRESENTA QUEIXAS FORMAIS NO CONSELLO DO PODER XUDICIAL

Denuncian dous maxistrados da Coruña por conculcar dereitos lingüísticos


[14/02/2007 18:18] O secretario comarcal da CIG na Coruña, Paulo Carril, e o secretario da Federación de Ensino da mesma zona, Eduardo Álvarez, denunciaron a dous xuíces por terlles conculcado os seus dereitos lingüísticos. Os sindicalistas, acompañados de membros da Mesa pola Normalización Lingüística, anunciaron que van emprender accións diante do Consello Xeral do Poder Xudicial, CXPX contra o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, e contra o titular do Xulgado do Social número 3 da mesma cidade, Manuel García Carballo.

Segundo denuncia o sindicalista Paulo Carril, o xuíz Manuel García Carballo ameazou con suspender unha vista hai poucas semanas porque se estaba a empregar a lingua do país. A CIG asegura que o maxistrado dixo estar "farto co tema do galego ... e os dereitos dos que falamos en castelán?" Carril quere que o CXPX estude os feitos e que vexa se é necesario sancionar o funcionario.

Pola súa parte, Eduardo Álvarez acusa tamén ao decano dos xuíces coruñeses, Antonio Fraga Mandián, de conculcar o dereito dos galegofalantes. O enfrontamento entre o representante da CIG e o maxistrado vén de vello. No seu momento, Álvarez denunciou a Fraga Mandián por incumprir o dereito a recibir as notificacións en galego e por usar a forma deturpada da Coruña nas comunicacións. O xuíz-decano acabou presentando unha querela contra Eduardo Álvarez por inxurias logo de que o sindicalista rebatese na prensa os argumentos do xuíz. Pola súa parte, Álvarez tamén solicita ao CXPX que estude o caso para que determine se a actitude do maxistrado é irregular.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 15-02-2007 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0