Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O decreto do galego que non se cumpre
O Xornal

Logo de seis meses de curso, varios profesores constatan o incumprimento da polémica norma

?Ningunha incidencia?, di a Xunta cando se lle pregunta pola aplicación do polémico decreto do plurilingüismo. Logo de meses de enfrontamento político, de varias ?e masivas? manifestacións en contra e entre os discursos gobernamentais louvando ?a recuperación da liberdade e a fin da imposición? nas escolas galegas, pouco ou nada cambiou nos colexios galegos.



Transcorridos seis meses de curso, nin Goberno nin oposición levantan a voz sobre a situación lingüística do sistema educativo. A ameaza de rebelión de numerosos profesores ante a imposibilidade legal de dar certas materias en galego en Primaria e Secundaria levou a Xunta a rebaixar as súas ameazas. Nin inspeccións nin sancións. Conseguiu o Executivo de Feijóo minguar o galego, pero máis grazas ao sempiterno discurso da ?liberdade? e cheo de prexuízos contra o idioma que coa obrigatoriedade legal. ?Ti vai facendo?, que diría o outro.

Anulada a posibilidade de que o galego ocupase máis do 50% do currículo escolar dos rapaces, a distribución lingüística por materias apenas se cumpre no sistema educativo de Galicia. Así se tira, polo menos, dos numerosos testemuños de profesores aos que Xornal tivo acceso nos últimos meses. Iso si, todos prefiren manter o anonimato ante o temor de que o que agora é inacción se converta en presión no futuro. ?A realidade é que cada profesor ou profesora dá as clases na lingua que quere, tanto os que teñen a obriga por lei de impartilas en castelán como en galego. Non hai ningún control da inspección?, aclara unha profesora dun instituto do sur de Galicia. Ela mesma, obrigada polo decreto a impartir a clase en castelán, faino en galego.



?PASAN DE TODO?

?Pasan de todo e non velan polo cumprimento porque saben que en moitos casos é o mellor para manter a tranquilidade e o bo ambiente?, di outro mestre da comarca de Santiago. ?No meu instituto non se fai nada, todo segue igual que antes, non vexo inspección por ningures. Os que tiñan antes que impartir en galego as súas materias e o facían en castelán, seguen igual, e outros seguen a impartir as súas en galego, aínda que agora o decreto non llo permita?, engade un mestre máis, este dun colexio da cidade da Coruña.

Os testemuños abondan pero os datos non. Comprobar o funcionamento en materia lingüística de todos os centros de Galicia só estaría ao alcance da Xunta, que non facilita esas estatísticas. Os sindicatos do ensino fan as súas propias enquisas e constatan a impresión xeral. ?O Goberno fai un desleixo absoluto; a intención real do decreto era a desgaleguización do ensino porque este Executivo non ten interese ningún en que o idioma propio sexa vehicular na escola?, di Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, que recoñece que o control da Consellería de Educación sobre o cumprimento da norma é case nulo. ?Saben que se non se fai nada e se deixa vía libre, gaña o castelán?, insiste outra docente que corrobora a versión que dá a central sindical.

?Eu seguirei dando as clases en galego, iso que o teñan claro?, dicía ao principio de curso unha profesora de Matemáticas dun centro urbano galego. Levaba anos usando a lingua propia. E así segue, malia que o decreto deixa ben claro que esa materia científica está destinada ao castelán. Xa antes do curso, máis de 4.500 docentes asinaran un manifesto comprometéndose a continuar dando as clases en galego. Só con que se cumprisen esas cifras, o incumprimento legal sería flagrante.

?O inspector non se ocupa de nada relacionado con iso. Seguen como decote, preocupados por horarios, porque todo se desenvolva con ?total normalidade? e todo iso. Do demais, canto menos preocupacións teñan, mellor?, recorda o mestre da Coruña. Outra profesora, desta vez pola zona da Barbanza, insiste no mesmo.

Carlos Callón, presidente d?A Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de Queremos Galego, certifica tamén que o control sobre a política lingüística que se segue nos centros é ?nula?. ?Non se vixía nada e a presenza do galego segue minguándose?, di.

Porque igual que moitos mestres manteñen o seu compromiso de impartir as aulas en galego, son moitos tamén os que incumpren a norma ao contrario e dan en castelán materias que, como Coñecemento do Medio ou Historia, deberan ser en galego. Esta situación, segundo moitos dos mestres consultados, é máis habitual en colexios privados. Pero non só neles.

?Non só se obvia o galego nos centros privados; en moitos colexios e institutos públicos tamén se obvia, e non é raro atopar en bacharelato grupos con menos de 30% das materias en galego, tanto antes como despois do decreto. Neste tipo de centros, o complicado e conflitivo é chegar a un 50% das materias en galego?, di

A reflexión final é, en moitos casos, a mesma: ?Estamos como na época de Manuel Fraga; non se controla nada e o galego segue perdendo?. Daquela, a presenza da lingua propia era escasa. Agora, con Feijóo, a promesa de que ambas as dúas linguas estarían en igual condicións tampouco é tal. Discriminar positivamente o galego é 
unha quimera.

Mentres, a polémica lingüística ?a real e non a utilizada electoralmente? perde folgos. BNG ePSdeG saben que recuperar a belixerancia arredor do idioma sería entrar de novo nun xogo co que o PP podería volver enlamar a campaña e que acabaría prexudicando o idioma. Carlos Negreira ou Corina Porro xa ameazaron empregando a recorrida ?imposición lingüística? nalgún mitin.

O pacto de silencio parece a solución menos mala para evitar outro dano irreparable á lingua. O remedio pode ser peor que a enfermidade. No entanto, sindicatos do ensino, A Mesa ou plataformas como Queremos Galego lembran que os datos que saíron á luz sobre a Educación Infantil nas cidades indican que case o 90% das aulas son en castelán malia que o 40% dos pais elixiron o galego. E así segue.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2011 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0