Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Paletos" e "nacionalistas"
galicia hoxe

As palabras dunha concursante coruñesa de Gran Hermano sobre a lingua causan na rede un debate sobre os prexuízos lingüísticos da mocidade


Xa o comprobara a Real Academia Galega nun estudo publicado no 2004: boa parte dos mozos e mozas galegos cren que as persoas que falan galego ou castelán con acento galego proxectan unha imaxe de "pailaroco", e se viven nas zonas urbanas manifestan unha "postura política nacionalista". Ademais, está máis asociado á ignorancia e ao rural un castelanfalante con ortofonía galega ca un galegofalante con ortofonía máis neutra ou castelá.

Os prexuízos cara ó galego mantéñense na mocidade. E un caso paradigmático destes é o de Marta, concursante coruñesa de Gran Hermano, que provocou cunha conversa con outra concursante deste programa na que expresaba as súas opinións sobre o galego un intenso debate nas redes sociais, non exento de insultos.

A moza, cuxo perfil en Telecinco salienta que se considera "un home nun corpo de muller" polo seu carácter "descarado, aloucado e impulsivo", cóntalle á súa compañeira no programa que unha vez lle presentaron un mozo guapo pero que ó ver que falaba galego "me dio bajón", e asegura que en Lugo se fala un galego moi "bruto", que o máis feo é o de geada e seseo, ou que a xente nova non adoita falar galego, agás os nacionalistas, que malia "saber" falar castelán deciden falar en galego. Recoñece tamén a súa falta de compentencias neste idioma.

REFLEXIÓNS

Di que é unha mágoa que se perda

A moza asegura, porén, que é unha mágoa que o galego se perda, e que os galegos sintan vergoña da súa lingua debido a que historicamente, nun longo proceso de anos, se foi asociando o galego co rural e a ignorancia. As declaracións abriron unha morea de debates cruzados nas redes sociais como o Twitter. Hai quen a insulta pola súa "galegofobia", e quen reflexiona sobre como as súas palabras reflicten os prexuízos reais da mocidade, e a necesidade de facer algo para mudalos.




Comentarios (3) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-02-2011 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Abendiçoadas sejas, gatonga lingoret#blgtk08#eira, entre todas as autofóbicas....
Comentario por OCarvalhoDaPortela (17-02-2011 00:46)
2 Abendiçoada sejas, gatonga lingorete#blgtk08#ira, entre todas as autofóbicas.....
Comentario por OCarvalhoDaPortela (17-02-2011 00:48)
3 Abendiçoadas sejas, gatonga lingoret#blgtk08#eira, entre todas as autofóbicas....
Comentario por OCarvalhoDaPortela (17-02-2011 00:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0