Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Beiras láiase: "no meu país analfabetízase o idioma"
GALICIA HOXE

O presidente da Fundación Galiza Sempre explícalles a outros pobos como a Constitución non lles permite ós galegos ter soberanía política

MANOEL SANTOS . DAKAR (SENEGAL)


Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre (á esquerda), intervindo no Foro Social Mundial no debate sobre os pobos sen Estado FOTO: altermundo
Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre (á esquerda), intervindo no Foro Social Mundial no debate sobre os pobos sen Estado
FOTO: altermundo

O presidente da Fundación Galiza Sempre Xosé Manuel Beiras foi protagonista en Dakar servindo de canle de difusión e defensa das ansias e necesidades das nacións sen Estado do planeta para acadar a emancipación dos pobos. A tenda da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos practicamente se encheu para escoitar os moitos e diversos pobos que contribúen, dende as súas realidades nacionais, á preservación da paz, da cultura e da democracia no planeta.

Beiras resumiu o intenso debate con cinco cuestións básicas. En primeiro lugar fíxolles alusión aos territorios e os pobos: "O territorio non pode ser suxeito de dereitos, senón os pobos e cidadáns que os compoñen. Tratando de resolver problemas pola vía do territorio erran completamente, coma no caso das autonomías -do café para todos- do Estado español".

Beiras criticou que tanto a Constitución española como o seu de-senvolvemento non permitiran nin permitan o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado español, aceptando que os pobos vasco, galego e catalán sexan titulares da súa soberanía política.

En segundo lugar, demostrouse que os dereitos colectivos están perfectamente recoñecidos nos dereitos da ONU. "A negativa a recoñecer estes dereitos polos Estados e supraestados como a UE é ilegal, vai contra as constitucións", dixo Beiras, así "a resistencia está xa que logo lexitimada. A defensa propia está recoñecida por todos os códigos penais do mundo", facendo alusión ás loitas de saharauís, palestinos, kurdas, etc.

O terceiro apuntamento fai referencia "á necesidade dunha fronte común dos pobos sen Estado. En cuarto lugar, para o presidente da Fundación Galiza Sempre a noción de crise civilizaroria achegada polas nacións indíxenas americanas é clave para explicar o que está a acontecer no planeta.

Finalmente, para Beiras as loitas locais concretas e localizadas son as que fan avanzar os procesos emancipatorios a escala global, mais só a coordinación destas loitas, as alianzas, pode conseguir efectos globais. E puxo como exemplo a Galiza: "No meu país hai un goberno autónomo e nestes intres goberna, por moi pouco, unha dereita case fascista que entre outras cousas está a desenvolver un proceso de analfabetización do idioma propio da nosa nación. Este é só un exemplo do que acontece en toda Europa".

África rexeita as receitas occidentais, din os cataláns

Os países africanos cuéstionanse as receitas occidentais e as súas fronteiras impostas "nun espertar de África" que tende a "un desenvolvemento endóxeno e de ruptura coa dependencia e o intervencionismo", dixo onte a Efe Carles Rise da Axencia Catalá de Cooperación e Desenvolvemento (Ciemen).

Ciemen organizou onte no Foro Social Mundial (FSM) un debate sobre a contribución dos dereitos colectivos á paz, a cultura e a democracia, no que participaron representantes de varios grupos españois, a palestina Rania Madi, da coalición internacional de refuxiados palestinos; Emine Ayna, de BDP de Kurdistán, e varias organizacións europeas.

Na entrevista a Efe e ó facer un repaso ós debates principais nesta cita do FSM, Rise destacou o tema de África, os últimos acontecementos en Tunisia e Exipto, a presenza palestina e a participación saharauí, a pesar dos ataques de grupos marroquís.

Segundo a opinión de Rise, África puxa por "desenvolver un modelo propio" e quere "avanzar coas súas propias ideas", o que segundo David Minoves, da Fundación Ila, débese ó "desencanto coas políticas de desenvolvemento dos países occidentais, que fai que se cuestionen as súas receitas e se reformulen as propostas". "O Estado en África non funciona", díxolle Rise ó explicar as "urxencias da sociedade civil", que deron lugar ás revoltas en Tunisia e mais Exipto.

Para o activista catalán, a intervención de empresas estranxeiras en África, en especial co acaparamento de terras, "facilita os conflitos e as guerras".

Ceimen incluíu un dos eixes deste Foro Social referido á nova crise de civilización e paradigmas alternativos, que segundo Rise sostén que a crise non é só económica senón que é do modelo global e require buscar solucións globais.

Pola súa banda Rania Madi falou do dereito do pobo palestino á autodeterminación e o dereito dos refuxiados e o "problema" do millón e medio de palestinos en Israel.

Nese último punto, Madi explicou que en "un Estado baseado na relixión non poderá ser democrático, será un Estado racista fronte a outros que teñen outra relixión". Segundo Madi, Israel non pode ser procesado polos ataques a Palestina porque non asinou o acordo de Roma.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-02-2011 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0