Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xosé Manuel Pazo deixa a presidencia da Asociación
X. Manuel Pazo renuncia voluntariamente, por motivos persoais, como presidente da Asociación de Equipas de N.L. O seu cargo será ocupado polo actual vicepresidente Miguel Ríos Torre até o mes de xuño, mes no que se procederá á elección dunha nova directiva.

Pequena reseña biográfica


No ano 1992 (ano da fundación) e até o 2006, foi portavoz coordinador da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol.

No 1993 e até o ano 2006, forma parte das comisións organizadoras de:
- Recital de Poesía Pola Paz
- Certame de Recitado de Poesía Ricardo Carvalho Calero
- Festival Musical A Mocidade coa Lingua
- Ciclo de cinema En galego de película
- Certame de Poesía e Imaxe En galego, sen filtro
- Coa lingua de excursión (2004/2005/2006)
- Percursos (2006)

No ano 2001 (15 de maio) forma parte do Consello Municipal da Lingua do Concello de Ferrol en representación da Coordinadora de Equipas de Normalización.

Entre 2001 e 2003 forma parte da Comisión que redactou o 1º Plano de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol aprobado polo Pleno en maio de 2003.

No curso 2005/2006 é elexido Presidente da Asociación SocioCultural Coordinadora de Normalización Lingüística.

GRAZAS POLA TÚA ENTREGA, MANOLO.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-02-2007 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0