Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xaime Bello Costa: Vergoñosa
Diario de Ferrol


O pasado 18 estreouse no Senado o uso das linguas cooficiais en debate de mocións. Cando lle tocou intervir á senadora compostelá Mª Jesús Sáinz rexeitou falar en galego porque a dirección do seu partido, o PP, decidira con grande apoio da caverna mediática, boicotear a utilización das linguas cooficiais na Cámara Alta. Na mesma sesión, outra senadora popular, a pontevedresa Dolores Pan, tamén renunciaba a falar en galego. Cando interviu a senadora do PNV, Miren Leanizbarrutia, non galega senón guipuscoana de Aretxabaleta, espetoulle á señora Sáinz o seguinte: É unha pena que vostede sexa galega e non faga uso da lingua na que Rosalía escribiu tan fermosos versos. Toda unha lección de sentido común ou, como diría o poeta Manuel María, ?cantos rodados para alleados e colonizados?. Porque o Senado é a cámara de representación territorial e a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural de especial respecto e protección por mandado constitucional. Pero non acabou aí a cousa xa que, preguntado o presidente Feijóo a respeito do sucedido, censurou o uso do galego no Senado por ser un exceso. Unha postura propia dos personaxes da Farsa de Bululú, e que diferenza coa actitude do actor Luís Tosar cando falou en galego na entrega dos premios Goya do ano pasado! O que daquela foi un acto de dignidade e de coherencia converteuse agora nunha intervención vergoñosa.
(*) Xaime Bello Costa foi alcalde de Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 27-01-2011 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0