Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A reforma lingüística da Xunta xa é 14 veces máis cara ca o galego no Senado
O Xornal

O presidente teima en que xeralizar as linguas nas Cortes é ?innecesario? e os 350.000 euros que custa, un gasto ?excesivo?


?Non o entenden os españois, non o entenden os parados nin Europa? por supoñer un ?exceso? do punto de vista ?político?, pero tamén do ?económico?. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitaba a pasada semana deste xeito a extensión das linguas cooficiais a algúns debates en pleno do Senado. Coa súa argumentación reproducía, cando menos en parte, a oposición frontal manifestada polo seu partido en Madrid centrándose esencialmente no custo da tradución, uns 350.000 euros anuais, que proceden de reestruturar o orzamento do Senado, e, polo tanto, non requiriu aportación adicional ningunha por parte do Estado.

Neste contexto, a valoración do presidente a conta do custo económico contrasta, en boa medida, coa xustificación que dende o propio Goberno galego se ten realizado ­doutro desembolso económico sensiblemente maior, o das reformas lingüísticas emprendidas pola Xunta dende 2009. O custo aproximado destas políticas rolda os 5 millóns de euros ou, o que é o mesmo, multiplica por 14 un ano enteiro de tradución simultánea no Senado.

Para chegar a esta cifra cómpre remontarse ao verán de 2009. Daquela, co obxectivo, segundo aXunta, de ?despolitizar? a educación, os conselleiros de Educación e Benestar, Jesús Vázquez e Beatriz Mato, anunciaban a conversión das Galescolas en Galiñas Azuis. O cambio, aseguraban, non suporía ?nin un euro?. Meses despois, e forzados pola oposición no Parlamento, o Executivo revelaba que o gasto fora realmente de 42.262 euros.

Alén das escolas infantís, a parte da nova política lingüística máis gravosa para as arcas públicas está a ser o denominado decreto do plurilingüismo. Xa antes de que a propia norma existise formalmente, Educación contrataba unha empresa privada para xestionar unha enquisa entre os pais, cun gasto, segundo o Goberno, de ?6 céntimos?, isto é, 19.800 euros, aos que se engadiron 90.000 máis resultantes, segundo recoñeceu o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, da campaña de publicidade en prensa sobre a realización da consulta.

Con estes antecedentes, o salto cualitativo, no que respecta ao gasto, chegou coa aplicación real do novo decreto no que a libros de texto se refire. O cambio de idioma dos manuais de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía supón, segundo a estimación de sindicatos, editores e partidos políticos ?Jesús Vázquez negouse a dar o dato no Parlamento?, un mínimo de 4 millóns que poderían chegar a 8, aínda que só se inclúen 2 millóns nos Orzamentos de 2011 con esta finalidade.

Así, e atendendo a estes cálculos, unha estimación media de todos os gastos, libros de texto incluídos, dá como resultado uns 5 millóns de euros que poderían seguir a incrementarse se aXunta segue adiante coa intención de estender as enquisas a Primaria e Secundaria.

Fronte ao gasto de todas estas medidas, o propio Feijóo insistía onte, nunha entrevista na Cadena Cope, que o uso xeneralizado das linguas cooficiais no ensino é, a nivel político e económico, ?excesivo e innecesario?. Mentres, asegura o presidente, en Galicia a acción do seu Goberno permitiu o regreso ao ?equilibrio? lingüístico, cunhas medidas coas que, di, os cidadáns están ?razoablemente satisfeitos?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-01-2011 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0