Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IDIOMA. A "modestia galega"
Galicia Hoxe

Preséntase en Bremen unha tese de licenciatura que toma o Decreto de Feijóo como modelo para levar as linguas minorizadas á beira da súa extinción.

O decreto do galego xa provocou unha marcada mobilización social na súa contra


Na Universidade de Bremen (Alemaña) acaba de presentarse unha tese de licenciatura que analiza os efectos das medidas lexislativas tomadas polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo sobre o galego. A tese, un "estudo empírico" supervisado po Klaus Zimmermann, asínaa Zuzana Pesselova e leva por título Auswirkungen der neueren galicischen Sprachpolitik im Kontext des galicischen Weltbildes ("As consecuencias da política lingüística galega recente nun contexto do mundo galego).

O que Pesselova realiza é un intento de avaliar as informacións que recolleu en setembro de 2010, usando como "fío condutor" os criterios da Unesco, establecidos para facilitar a avaliación do estado de perigo dunha lingua. Para a investigadora, a situación actual en Galicia vén caracterizada polas "dúbidas colectivas do sentido da lealdade cara á lingua", segundo as bases da Theory of Language Death, de Sasse, e por iso a investigadora escolleu o contacto de "morte da lingua" (Language Death) e "linguas en perigo" (Language Endangerment).

O principal resultado é que "a vitalidade é un proceso inherentemente creador" e que o Decreto do ensino do Goberno Feijóo "corta" un campo do uso do galego (as matemáticas o as ciencias naturais, denominados Loss of existing Domain), de tal xeito que recorta a lingua na súa vitalidade, "porque de facto prohibe a creacion da lingua nun campo determinado e prohibe o desenvolvemento libre dos seres humanos", en conexión tanto cos dereitos lingüísticos como cos dereitos humanos.

Pesselova observa catro tendencias: a máis importante é a que deixa a lingua marchar cara ao "falecemento" e que se acomete unha "política de violación e manipulación", ao tempo que se rexistra unha perda do material educativo e a consecuente interrupción de transmisión entre as xeracións.

Deste xeito, co Decreto do 2009, o galego pasa de ser avaliada como unha lingua vacilante a quedar no estatus de "definitivamente en perigo".

Na segunda parte do traballo, a investigadora intenta chegar a un entendemento máis profundo do caso galego a través dos conceptos de "sentimento vs. emoción" (baseados en lingüística antropolóxica e psicoterapia moderna) e "concepto do mundo interno e externo" (baseados en Wilhelm von Humboldt). Facendo a síntese das dúas liñas, chega a unha interpretación de "modestia galega" que fai a situación comprensible.

DATOS

Os datos e as achegas

Para explicar o concepto do mundo galego actual, Pesselova sérvese das cualidades antropolóxicas máis destacadas da realidade galega e propón un proxecto para os galegos coherente con ese concepto.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-01-2011 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0