Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Miles de voces defenden os medios en galego
GALICIA HOXE

MANIFESTO

A páxina web www.osmediosengalegoimportan.com logra revolucionar os internautas en apoio á lingua nas súas primeiras 24 horas

CARMEN QUINTELA . SANTIAGO


Ante o peche da edición impresa do semanario A Nosa Terra e dos portais Vieiros e Chuza, foron 24 os xornalistas e escritores que decidiron promover unha iniciativa para espertar o compromiso das administracións e os cidadáns co noso idioma. Hai dous días publicaban un manifesto, "Os medios en galego importan", que a partir de onte xa se pode asinar a través da súa páxina web (www.osmediosengalegoimportan.com) e ó que se uniron máis de 1000 sinaturas en menos de vinte e catro horas. Con ideas como a de que "os medios resultan imprescindibles para que a nosa lingua viva e medre con futuro" ou que "alguén ten que facelo e facelo agora", miles de persoas en toda Galicia piden "apoio" para non "deixar morrer" unha lingua.

As opinións que o comunicado suscitou no panorama galego foron variadas, aínda que todas teñen como nexo común a loanza do manifesto. Xosé Manuel Lage Tuñas, coordinador da área institucional do PSdeG, incide na necesidade da axuda que as administracións públicas poden proporcionar para "protexer os medios de comunicación en galego". Asegura sentirse "cómodo" co manifesto e comparte "a necesidade de protexer a lingua, a cultura e os vehículos de comunicación en Galicia". Lage fai fincapé e que presentarán no Parlamento "diversas iniciativas nesta dirección, de reforzamento do galego nos medios". Desde o BNG, Carlos Aymerich, comparte esta "favorable" opinión e comprométese a "traballar" para facer "moitas máis accións a nivel parlamentario".

Entre as voces discordantes está a de Román Rodríguez, voceiro de Educación do PP, que asegura que se trata dunha iniciativa "moi loable", pero subliña que a lingua dun medio é un factor que non incide na súa desaparición. "Non debemos esquecer que estamos nunha sociedade de libre mercado na que hai empresas que poden ter máis ou menos éxito", remarca, para engadir que "os galegos seleccionan os medios que queren ler, e isto está moito máis aló do idioma que usan".

Xurxo Salgado, secretario xeral do Sindicato de Xornalistas de Galicia, non comparte as afirmacións dos populares. Sinala que "hai problemas como a mala xestión dunha empresa", pero recorda que iso acontece nos medios galegos "igual que nos escritos en castelán". "A cuestión", subliña, "é que os segundos poden subsistir porque reciben as axudas que non se lles dan ós primeiros". Asegura "non ter problema en asinar o manifesto", iniciativa á que se suman Javier Cea, presidente da Asociación de Medios Escritos en Galego, ou Carlos Callón, presidente da mesa pola Normalización Lingüística. Este último anima a "todas as persoas con sensibilidade pola situación do noso idioma" a adherirse ó escrito.

No ámbito cultural son moitas as voces que secundan o manifesto. Xosé López, secretario do Consello da Cultura Galega, a pesar de "ter a súa opinión" sobre este tipo de escritos, afirma que hai "casos únicos nos que cando menos un manifesto é preciso para intentar chamar a atencion da opinión pública". "Confío en que sirva para ese fin, e polo tanto asinareino", declara. López descríbese como "defensor dos medios en galego", polo que considera esta unha iniciativa "oportuna no que hai unha preocupación importante nos distintos sectores da poboación pola desaparición dos medios en galego". Preocupación que comparte Xose Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, que asegura que o peche de calquera xornal "é un mal para a sociedade, e máis aínda se falamos dun medio galego".
SEGUIMENTO

Os blogueiros, a favor da iniciativa

Ás voces que asinaron o manifesto sumouse o apoio dos blogueiros, que a través das súas bitácoras animaron os internautas a visitar a páxina web, como foi o caso de www. aulablog.com ou www. elgallego.wordpress.com. Alfonso Eiré, director de A Nosa Terra e promotor do portal do manifesto asegura non sorprenderse pola aceptación da xente ante o escrito. "Hai unha sensibilidade entre a xente que moitas veces non se mostra", afirma, "pero hai momentos coma este nos que a sociedade demostra a súa preocupación". "Se non pensara que isto puidera pasar non tería esperanzas en recuperar a cabeceira para pronto", declara.

Editorial: Morremos un pouco todos

(vén da portada)

Cada medio en galego é froi to dun pequeno milagre e dunha firme convicción. O Grupo Correo Gallego vive ese milagre e ostenta esa convicción cunha cabeceira pioneira, Galicia Hoxe, a través da cal o país se asoma cada mañá a unha realidade transmitida no seu ADN idiomático. Pero non todos eses prodixios lograron sobrevivir e, por iso, levantar a palabra é imprescindible. É o que fai este manifesto que sae cunha divisa que compartimos: "Galicia é o galego". Tamén nós nos negamos a que a morte lenta por inanición sexa o destino do noso principal sinal de identidade. Tamén nós cremos que a Administración non pode mirar cara a outro lado, men tres sucede esta eutanasia de medios escritos en galego. Eutana sia que moitas veces é activa, como cando se reducen nun 60% as axudas, asemade que se lles outorgan con xenerosidade a outros moitos sectores. Desde estas páxinas sempre apoiamos a aposta plurilingüe deste Goberno e o seu apoio ó inglés. ¿Pero non haberá nese mesmo caixón de onde saen recursos para a lingua de Shakespeare, outros para o idio ma que mellor nos caracteriza? Non podemos calar ante esta mor te lenta de medios irmáns. É o noso deber sinalar onde están as responsabilidades e reclamar trato equitativo e respecto para o idio ma que nos enriquece como pobo.
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 09-09-2010 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0