Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manifesto: Ferrol co deporte, Ferrol co galego
Na pasada Gala do Deporte o Concello de Ferrol presentou o seu manifesto de apoio á presenza e revitalización da lingua galega no ámbito do Deporte, e fíxoo a través de Juan Rodríguez Rey, representante do Grupo de Participación do Deporte, grupo de traballo creado en 2009, no seo do Consello Municipal da Lingua e formado por representantes de varias entidades deportivas ferrolás.

O Concello de Ferrol e o Consello Municipal da Lingua constituído por 21 representantes do conxunto da sociedade ferrolá , priorizaron o mundo do Deporte no ano 2009 e 2010 como un dos sectores centrais no proceso de normalización social do idioma e, xunto con outras accións de formación e axudas, presentóuselle ao Deporte ferrolá e galego este manifesto de apoio ao noso idioma,que é tamén o apoio á nosa riqueza cultural, á pluralidade lingüística, a tolerancia e ao deporte galego.

Hoxe, dirixímonos a todas as entidades e institucións deportivas así como as persoas e empresas que forman parte significativa deste eido, co fin de que presten o seu apoio, individual ou como entidade, ao Manifesto do Deporte Ferrolán premendo esta ligazón




O presente manifesto pretende ser unha declaración de obxectivos para a revitalización da nosa lingua no ámbito do deporte, para a súa promoción, para a recuperación do seu uso nas diferentes actividades deportivas, para a restitución do prestixio social da lingua galega en clave de utilidade, valor da identidade e aposta de futuro.

Declaramos que todos os idiomas sen excepción son útiles, incluído, por suposto, o noso, lingua que posúe moitas e diferentes potencialidades de comunicación. A lingua galega precisa impulsos e investimentos sociais activos para acadar obxectivos de recuperación do seu prestixio social e da súa presenza na vida cotiá e nas diferentes actividades e sectores da súa propia sociedade.

O galego no deporte constitúe un símbolo, un símbolo de identidade cultural que xera equipo e conciencia de grupo, que proxecta o noso xeito de estar no mundo unha riqueza cultural e lingüística únicas.

Vivimos nun tempo en que a recuperación das linguas menos estendidas é recoñecida e impulsada por diferentes organismos, institucións e abondosa lexislación a nivel europeo e mundial. A participación neste proxecto global de defensa das linguas menos estendidas é un reto e unha aposta de utilidade e vida futura para o galego. Esta tendencia é imparable por ser unha reivindicación xusta e unha dinámica moi activa no contexto mundial. Observamos como as linguas menos estendidas están cada vez máis activas en espazos innovadores - por exemplo, Internet- e no deporte desde o galego temos moito que dicir e que facer no mundo, para achegarmos a nosa riqueza e a nosa identidade única ao conxunto de culturas e linguas que conforman a diversidade mundial.

O coñecemento de varias linguas sempre incrementa a capacidade de comunicación co mundo e co galego a comunicación coa comunidade lusófona é algo evidente, aproveitado por miles de galegas e galegos que andan polo planeta. E no de andar polo mundo, o deporte está presente de xeito claro e rotundo.

Todas as linguas son o xeito de expresión dunha comunidade e outórganlle sentido e valor por si mesma. Por iso, a lingua galega fomenta o equilibrio lingüístico, a conservación da memoria, da identidade e da riqueza que os galegos e galegas temos xerado ao longo da nosa historia, o valor que podemos proxectar e que é a clave para o futuro dunha colectividade.

O galego para o deporte é útil porque a lingua somos nós e sen a lingua somos menos e temos menos forzas, folgos e enerxías. E, como sabedes, para o deporte necesitamos sempre poñer o mellor que temos para competir e participar.

A lingua galega co deporte galego!

O deporte galego coa lingua galega!

Ferrol, xaneiro 2010

Grazas de antemán pola vosa colaboración e apoio.

Manuel Santiago Pérez

Concelleiro de Participación Cidadá e Deporte
________________________________

Concello de Ferrol
Normalización Lingüística
Praza de Armas s/n
15402 Ferrol
981944014
http://www.ferrolconlingua.com
Comentarios (1) - Categoría: Manifestos - Publicado o 24-05-2010 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Rol#blgtk08#lo
Comentario por (24-05-2010 19:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0