Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O idioma como o lobo, imposíbel de prender
ACTOS PARA O DÍA DAS LETRAS

As organizacións FPG, Adiante, Colectivo Nacionalista de Marín, a CUT e Redes Escarlata cualifican a política lingüística da Xunta como o ?maior atentado cometido contra Galiza?.

Redacción Vieiros - 13:55 04/05/2010


?Só arelamos ver o noso idioma ceibo e forte, coma o lobo do que nos falou o poeta do Courel, e advertimos aos donos da cadea, cun xesto admonitorio e republicano, que non é posible prender o Lobo?. Así remata o manifesto que co gallo do Día das Letras elaboraron as organizacións políticas, sociais e culturais Frente Popular Galega (FPG), Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega), Colectivo Nacionalista de Marín, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) e Redes Escarlata.

A maiores organizan diferentes actos para celebrar o 17 de maio, en Marín (O Morrazo) e en Pontevedra. No caso de Marín, o vindeiro mércores 5 de maio a biblioteca municipal acollerá un coloquio sobre a situación do idioma e da literatura. Participarán os escritores Anxo Angueira e Ana Outón. Xa en Pontevedra, o acto terá lugar o próximo mércores 12 de maio, na Galería Sagadelos. Falarán sobre o idioma e a xustiza Anxos Sobriño e Xoán Xosé Barreiro, normalizadora e maxistrado respectivamente da Audiencia Provincial.


Reproducimos aquí o seu manifesto para o Día das Letras Galegas



Consideramos o idioma galego coma a cerna da Nación; coma o máis importante e claro signo que nos identifica e nos fai singulares no mundo. Consideramos que o noso idioma alcanzou un estadio de desenvolvemento total e, consecuentemente, outorgámoslle todas as capacidades necesarias para desenvolver plenamente as nosas vidas en calquera espazo do noso tempo. Temos a certeza de que o mellor futuro posible para a nosa terra virá da man da plena normalización do idioma e da súa asunción libre e consciente polo Pobo Galego. Ou é así, ou calquera porvir só constituirá unha nova escena da farsa continuísta que outros deseñaron para nós.

Vemos con fonda preocupación como o Goberno autonómico de Galicia actúa de feito contra o ordenamento lexislativo galego ?artigos 12 e 13 da Lei de normalización lingüística- , estatal ?artigo 5 da Constitución Española- e europeo ?artigo 8 da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias-. A pesar de que non concibimos todo ese aparato legal máis ca coma un instrumento de negación dos dereitos nacionais de Galicia e das súas clases traballadoras, o Estado español (o autoproclamado Estado de Dereito) vén aplicando contra a nosa lingua, por primeira vez na historia da Autonomía, unha serie de medidas redutoras que, inspiradas lonxe do territorio e dos intereses de Galicia, teñen como primeira meta a consecución da perda da hexemonía social da lingua galega. Unha vez que isto se teña conseguido, a exclusión do idioma da vida pública aplicarase de xeito moito máis doado, baseándose en criterios de número de falantes e fundamentándose na indiscutible democracia capitalista. Co idioma reducido a unha cuestión folclórica, a Nación desaparecería e a longa asimilación teríase completado. O ?negocio? español, do que continuaríamos sendo unha sucursal dispensadora de man de obra en calquera lugar e a calquera prezo, tería vencido e calquera resto da nosa Patria teríase diluído no mare tenebrosum da prisión española.

Consideramos, pois, as medidas aplicadas polo PP, dignos herdeiros do franquismo, coma o maior atentado cometido contra Galicia dende que España nos devolveu certa autonomía política. Porque atacan a cerna mesma da nosa sociedade, o único absolutamente indispensable para que Galicia siga a ser Galicia. Consideramos que as medidas que pretende aplicar o Goberno autonómico, da man dun home de papel seducido polo poder e encirrado por unha minoría ultradereitista e furibundamente antigalega, procuran o exterminio da lingua galega e sentímonos directamente atacados.

Somos, coma Novoneyra, patriotas do idioma, e o límite a nosa Patria fíxao o idioma galego. Somos traballadoras e traballadores que temos o idioma por sinal orgulloso e inequívoco de pertenza á nosa clase social, e que desexamos para os nosos fillos e fillas unha vida feliz na que non teñan a necesidade de mudar de lingua para veren todas as necesidades satisfeitas. Esixímoslle pois ao Goberno galego que cumpra con Galicia e que dedique todos os esforzos e apoios precisos para que, mediante políticas lingüísticas de base verdadeiramente normalizadoras, de preservación e extensión de usos, e lonxe da coroa da subalternidade, o idioma galego poida ser normal na terra na que naceu e, en definitiva, para loitar contra o proceso de substitución lingüística que sufrimos. Esixímoslle, da mesma maneira, que interveña de maneira efectiva sobre as razóns sociais que obrigan as nais e os pais galegos a mudar a lingua na que se dirixen aos seus descendentes, rompendo así a transmisión xeracional do idioma, pola consecución do natural desexo de lles proporcionar unha vida máis cómoda. Porque o abandono da lingua non garante unha vida mellor.

Só arelamos ver o noso idioma ceibo e forte, coma o lobo do que nos falou o poeta do Courel, e advertimos aos donos da cadea, cun xesto admonitorio e republicano, que non é posible prender o Lobo.
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 04-05-2010 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0