Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio

Carlos Callón: ?Núñez Feijóo non defende a lingua porque non cre nas potencialidades de Galiza?

Co lema ?O galego, o noso existir?, a plataforma cidadá confía nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua



Santiago de Compostela, 30 de abril de 2010.- A Plataforma Cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa a campaña gráfica coa que chamará a toda a sociedade galega a unha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

?O Galego, o noso existir? é o lema escollido para unha mobilización ?que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións?, asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos portavoces de Queremos Galego, Carlos Callón.



A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza ?a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo?; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá ?o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio?. ?Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua?, asegurou.



A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.



Para Carlos Callón, a mobilización cidadá que se convoca para o Día das Letras vai servir tamén para ?visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego?. ?Unha unidade social?, denunciou, ?da que só se autoexclúe o Partido Popular, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do país?. ?Algo?, engadiu, ?que debe facer reflexionar moi seriamente ao Presidente da Xunta, que no entanto segue a malgastar diñeiros públicos en atacar o galego?. Nese sentido, o portavoz censurou como ?un insulto ás familias que máis padecen a crise económica que se anuncie o investimento público dun millón de euros nunha campaña a favor do decretazo; isto é, dunha campaña contra o galego?. Callón fixo un repaso do ?rexeitamento unánime do decretazo? e citou de forma explícita ?todas institucións culturais do país, todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e, excepto unha, todo o resto das asociacións de nais e pais?. ?No PP saben que contan cun rexeitamento unánime e por iso utilizarán fondos públicos nunha macroacción propagandística impresentábel?, sinalou.

Como en ocasións anteriores, a Plataforma Queremos Galego dispoñibilizará en todas as comarcas do país un servizo de autobuses. Unha vez concretadas as rutas e os horarios, poderanse consultar na páxina web queremosgalego.org.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-04-2010 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0