Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Campaña nos Consellos Escolares fronte ao decreto do plurilingüismo
Prezadas amigas:

Prezados amigos:

A partir de hoxe ides recibir no voso centro unha proposta para levar aos Consellos Escolares na que participamos CIG-Ensino, CCOO, UGT e STEG. Trátase dunha proposta que parte do resultado acadado no Consello Escolar de Galiza, onde as organizacións sindicais que pertencemos a ese órgano, CIG, CCOO e UGT, xuntamente cos MRPs, CONFAPA, representantes estudantís, representantes da universidade e representantes da administración local do BNG e PSOE promovimos unha emenda á totalidade que foi aprobada por 24 votos a favor, fronte a 16 en contra (os emitidos polos representantes da Administración, Congapa, Anpe, a patronal dos centros privados, a patronal dos empresarios e persoas nomeadas pola Consellaría).

É importante que o Consello Escolar do voso centro acorde apoiar esta proposta e, de ser así, pregámosvos que nola fagades chegar á CIG (fax 981575839).

En todo caso, comentámosvos cales foron as achegas que a CIG-Ensino propuxo para que se recollesen e que contaron co apoio da UGT, mais que, finalmente, non foron asumidas por todas as organizacións:

- A CIG-Ensino propuxo que esta acción fose subscrita, non só polas organizacións sindicais, senón tamén por todas as entidades, MRPs, ANPAS e estudantes, que promoveron a retirada do borrador no Consello Escolar. Fixemos esta proposta porque entendemos que sen a participación de todas estas entidades o resultado acadado non se tería dado e, ademais, son entidades que están nos propios Consellos Escolares dos centros aos que nos imos dirixir.

- Ademais a CIG-Ensino propuxo os seguintes puntos para engadir ao modelo de resolución para os Consellos Escolares:

* O borrador non atendeu as propostas que desde distintas instancias, sindicatos, anpas, profesorado, organizacións estudantís, movementos de renovación pedagóxica, universidades, equipos de normalización, traballadores e traballadoras da normalización lingüística, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura, etc., foron realizadas recomendando o cumprimento do Plan Xeral de Normalización do ano 2004, do que emana o actual Decreto 124/2007.

* Non recolle as recomendacións do Consello de Europa para dar cumprimento á Carta Europea das Linguas Minorizadas, nin dará cumprimento ao recollido na Lei de Normalización Lingüística.

* É unha proposta que facilita que o alumnado de Educación Infantil non teña contacto coa nosa lingua até chegar á etapa de Primaria.

* Obriga a impartir en castelán as materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, desprezando o traballo realizado polos centros até o de agora e trasladando a mensaxe de que o galego non é unha lingua útil para a ciencia.

Recibide un cordial saúdo da CIG-ENSINO.


Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-04-2010 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0