Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Profesores de lingua galega en Cataluña rexeitan o anteproxecto de decreto
Os docentes, que forman parte do Proxecto Galauda, insisten en que a reforma é un grave paso atrás para o idioma propio.

Redacción Vieiros - 10:21 22/03/2010


O profesorado que imparte clases de lingua e cultura galegas nos centros de Secundaria de Cataluña fannos chegar un manifesto contra o anteproxecto de decreto que propón a Consellaría de Educación. Os mestres, que forman parte do Proxecto Galauda, erguen a voz contra o paso atrás na normalización do idioma propio.

O Proxecto Galauda comezou a súa andaina en 1998 cando o profesor Luís Vázquez principia a dar clases de galego no instituto Parets del Vallès. Na actualidade hai seis centros públicos en Cataluña onde os estudantes poden asistir a aulas que versan sobre a nosa lingua e cultura.

MANIFESTO ÍNTEGRO
:

O equipo do Proxecto Galauda ?Ensino do galego na Secundaria de Cataluña e ensino do catalán na Secundaria de Galicia? quere expresar o seu profundo malestar ante o Borrador do Proxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Despois de 11 anos de docencia de galego a adolescentes cataláns, de comprobar como os escolares cataláns valoran a lingua galega como parte do seu capital lingüístico, e como o coñecemento doutra lingua do Estado español (o galego) se converteu para eles nun activo de cohesión entre Galicia e Cataluña,

Manifestamos que:

1. Unha parte substancial da identidade galega e da súa cultura baséanse na lingua de seu, o galego. Preservala é irrenunciable, e a escola é un dos lugares fundamentais para acadar este fin.

2. En Galicia nunca houbo unha imposición da lingua galega, nin a hai agora. Argumentar o contrario é falso e demagóxico.

3. A lingua minorizada actualmente en Galicia ?na maioría dos sectores sociais? é a lingua galega, e este decreto vén afondar na discriminación do uso do galego. Os argumentos cos que se nos quere convencer de que o castelán está en perigo son unha falacia destinada a confundir a poboación.

4. O Consello de Europa, nun informe do 2008, confirmou que en Galicia non se cumpren os dereitos mínimos do idioma galego e, segundo os estudos publicados pola Real Academia Galega, nos últimos dez anos reduciuse á metade o número de persoas que falan habitualmente galego.

5. O galego non pode ser relegado a lingua de segunda no ensino. A lingua galega non só é útil para facer literatura, oral ou escrita, senón tamén para o estudo das ciencias e das humanidades en xeral. Calquera materia do ensino universitario e non universitario debería ter o galego como lingua vehicular e da súa didáctica.

6. Lexislar para reducir o emprego da lingua galega no ensino non universitario é empecer o seu futuro como idioma vivo oficial de Galicia, espoliar o patrimonio do pobo galego e un ataque a unha cultura milenaria.

7. A promoción do galego na escola non supón romper a convivencia social dos cidadáns de Galicia. Así mesmo, o estudo do inglés ou doutra lingua estranxeira nunca pode supor unha diminución do idioma galego na escola primaria e secundaria.

Finalmente, manifestamos que defender o galego mediante declaracións de apoio ou manifestos de adhesión por parte de institucións, de partidos políticos ou de entidades públicas ou privadas, non significa politizalo: significa exercer a imprescindible liberdade de expresión, unha mostra de lealdade aos nosos devanceiros e un compromiso cos dereitos das xeracións vindeiras.
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 22-03-2010 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0