Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ser galego é "pexorativo", segundo a política mellor valorada no Estado
Rosa Díez volve aplicar o termo con senso despectivo nunha entrevista en CNN+, perante un impasíbel Iñaki Gabilondo.

Redacción Vieiros - 17:00 24/02/2010


A deputada de UPyD no Congreso, Rosa Díez, volveu insistir na súa tese de que o cualificativo de "galego" é pexorativo. Nunha entrevista concedida a CNN+, conducida polo xornalista Iñaki Gabilondo, Díez definiu a José Luis Rodríguez Zapatero como que "podería ser galego no sentido máis pexorativo da palabra".

Xa non é a primeira vez que a política máis valorada do Estado Español -segundo a última enquisa do CIS- lle atribúe un carácter negativo á galeguidade. Fixera o mesmo o pasado mes de outubro, daquela referida a Alberto Núñez Feijoo, do que dixera que "para min está a ser demasiado galego, no sentido pexorativo do termo".

Nas pasadas eleccións galegas, en marzo de 2009, o partido de Rosa Díez converteuse na cuarta forza do país en número de votos, con 23.796 sufraxios, o 1,41% do total.

Neste vídeo, publicado no YouTube polo propio partido de Rosa Díez, podemos ver, arredor do minuto 5, como a deputada fai esa descrición diante dun Gabilondo que, impasíbel, non lle pide ningunha explicación polo cualificativo. De feito, o blog do xornalista vasco estase a encher de comentarios de persoas que lle recriminan o seu silencio.

Repulsa dos partidos parlamentarios
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pediulle a Rosa Díez que presente "desculpas de inmediato" ao pobo galego por usar o adxectivo como insulto. Vázquez preguntouse "cal é o sentido máis pexorativo do termo galego" e afirmou que "nós desde logo nunca aplicaríamos o termo pexorativo a nengún xentilicio do Estado español nin de nengún outro Estado do mundo".

Considerou as declaracións de Díez como "unha intolerábel manifestación de racismo antigalego e de rancio chovinismo que se compadece mal cos modos que debe exhibir a dirixente dunha formación política democrática". Por iso, engadiu que "a señora Rosa Díez ten que retirar imediatamente as súas palabras" e que lle debe "unha explicación á sociedade galega".

Tamén, á última hora da tarde deste mércores, pronunciáronse desde o PPdeG. O portavoz parlamentario dos 'populares', Manuel Ruíz Rivas, cualificou como "o máis desafortunadas posíbeis" as palabras usadas por Díez.

"O mínimo que se lle pode exixir á señora Rosa Díez é que pida desculpas", sinalou Ruiz Rivas. Ademais, engadiu que "agora entendo porque a señora Rosa Díez representa un partido que non deixa de ser marxinal en España, que descoñece a realidade de Galiza e dos galegos".

Por último, desde o PSdeG, o seu secretario de Organización, Pablo García, considerou que "é un ataque frontal a toda a sociedade galega". As declaracións de Díez "exixen, con total claridade, unha desculpa pública". Ademais, o político socialista pediu á portavoz de UPyD que retire as palabras pronunciadas.

"O primeiro e único que ten que facer é rectificar e pedir desculpas a toda a sociedade", dixo García, e engadiu que "non é de estrañar vindo de quen vén, unha persoa que se caracteriza polo ataque a Galiza".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-02-2010 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0