Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O BNG abandona o hemiciclo durante a intervención de Pedro Arias en castelán
O deputado do PPdeG retou os nacionalistas a "sacar o cartel" co que, pola mañá, recordaran a López Chaves a iniciativa que instaba a "facer uso público" do galego.

Redacción Vieiros - 20:00 24/02/2010


Os deputados do BNG abandonaron esta cuarta feira pola tarde o hemiciclo da Cámara durante a intervención en castelán do deputado do PPdeG Pedro Arias, que ignorou as queixas dos nacionalistas, que xa manifestaran o seu desacordo coa negativa a empregar a lingua propia de Galiza en sede parlamentaria cando o tamén 'popular' Ignacio López-Chaves fixo o propio pola mañá.

A polémica produciuse no debate dunha interpelación á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentada polo deputado do BNG Fernando Blanco -o único que non saíu do hemiciclo-, cando Arias, desde a tribuna e antes de comezar a falar, retou os nacionalistas a "sacar o cartel" co que, pola mañá, recordaran a López-Chaves o texto da iniciativa aprobada por unanimidade a semana pasada.

"Xa o poden ir sacando", avisou o deputado 'popular' e os deputados do BNG fixérono de inmediato. A continuación, Arias asegurou que empregaría o galego "por deferencia" aos nacionalistas, mais fíxoo durante dúas frases, antes de pasarse de novo ao castelán, o que constituíu o detonante para que os deputados do BNG abandonasen a sala, á que non volveron entrar até que interviu de novo Fernando Blanco.

Durante a súa intervención, Blanco advertiu de que o BNG "pensaba" até agora que "o ataque ao galego" era unha "estratexia" do PP, mais advertiu de que o sucedido nesta xornada -co "balbordo sen criterio" de Arias- supón "unha deterioración" do Parlamento onde, asegurou, os nacionalistas "non van entrar". "Profunda na idea de que esta Cámara non serve aos intereses do país", lamentou.

Beatriz Mato tamén se pronunciou ao respecto e manifestou o seu respecto por Blanco, aínda que manifestou o seu "desacordo con el". "Sinto que o Parlamento debe ser o mellor exemplo de liberdade, respecto e tolerancia, que non se demostran erguéndose do escano e desaparecendo cando intervén alguén que dá a súa opinión en representación de quen lle votou", advertiu.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-02-2010 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0