Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dou e darei as clases en galego
CAMPAÑA NAS ESCOLAS DO PAÍS

Como integrante da plataforma Queremos Galego, a CIG-Ensino inicia unha campaña de recollida de pronunciamentos do profesorado a prol das aulas na nosa lingua.

Redacción VIEIROS - 11:15 19/02/2010


"Hoxe aínda están en activo as profesoras e os profesores que, no seu día, desafiaron a ditadura franquista dando aulas en galego, ao igual que outras e outros docentes que chegaron a ser sancionados, nos anos 80, por transmitir os seus coñecementos na nosa lingua". Recórdano desde a CIG-Ensino, subliñando a tradición de implicación activa da comunidade educativa galega en favor da galeguización do ensino.

Con esa realidade na memoria, a formación sindical emprende unha iniciativa vencellada á Plataforma Queremos Galego e ás mobilizacións contra o decreto sobre as linguas no ensino impulsado polo actual Goberno. Así, a CIG deseñou unha campaña dirixida ao profesorado para que se visibilice o rexeitamento ao decreto e se expoña "a decisión inequívoca de continuar a dar aulas en galego, tal e como se viña facendo até o de agora". "Foi o profesorado galego quen, coa súa vontade e esforzo, conseguiu os avances que até o de agora se deron na normalización do noso idioma no ensino", defenden.


De seguido tedes o escrito da plataforma Queremos Galego explicando a iniciativa e a carta para que cada un pode copiar e asinar para enviar á propia plataforma.


Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-02-2010 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0