Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Xunta desoe todas as propostas que Anxo Lorenzo facía hai un ano para a lingua
Rexeita as recomendacións que varios expertos, entre eles a o actual secretario xeral, facían para a política lingüística desta lexislatura
MIGUEL PARDO - Xornal.com - Actualizado 17/02/2010 - 01:16 h.


Nin á Real Academia Galega, nin ao Consello da Cultura Galega, nin á oposición, nin aos sindicatos, nin á comunidade escolar... A Xunta vai por libre na súa política lingüística e desoe calquera tipo de recomendación sobre o idioma. Tamén, incluso, as que o seu actual secretario xeral na materia, Anxo Lorenzo, facía hai un ano nun extenso informe da Comisión Técnica do Centro de Documentación Socioloingüísitica de Galicia (CDSG).
Aquel informe, que analizaba a política lingüística do bipartito e facía múltiples propostas para esta lexislatura, viña avalado pola sinatura de varios expertos dunha comisión na que se atopaban, entre outros, Henrique Monteagudo, Agustín Fernández Paz, Nel Vidal ou o propio Anxo Lorenzo, actual secreterio xeral de Política Lingüística. O texto era moi crítico co anterior Goberno da Xunta, aínda que louvaba algunha das accións 
desenvolvidas, e propoñía outras moitas que mellorasen a situación do galego na sociedade.
Non só non se levou a cabo ningunha das recomendacións, senón que se desfixo todo o que os expertos, incluído o propio Anxo Lorenzo, consideraban positivo da anterior Administración, tal e como denuncia un dos asinantes daquel texto.
O informe do CDSG louvaba o feito de que a Política Lingüística pasase dunha Dirección Xeral dependente da Consellería de Educación a unha Secretaría Xeral en Presidencia, o que lle daba unha incidencia transversal en todo o Goberno. A nova Xunta non tardou nada en devolvela a onde estaba, pasando a depender do departamento que dirixe Jesús Vázquez. As Galescolas, outro dos proxectos destacados, desapareceron para dar paso ás Galiñas Azuis e mudar a súa filosofía de promoción lingüística entre 0 e 3 anos. Por non falar do Decreto 124/2007 do galego no sistema educativo, destacado como positivo polo CDSG e que agora será substituído polo decreto do plurilingüismo, malia que o propio Anxo Lorenzo consideraba ?priorizable? a aplicación da norma do bipartito para a recuperación do idioma.
É curioso comprobar como todo o considerado positivo polo CDSG do Consello da Cultura Galega foi desfeito pola nova Xunta nos primeiros meses en San Caetano. Tamén a modificación do artigo 35 da Lei de función pública, que establecía a obriga de todos os empregados públicos de realizaren cando menos unha proba das do proceso selectivo en galego. En xuño do pasado ano, o Goberno modificou pola vía de urxencia este artigo e retirou a proba en galego nos procesos selectivos. Do mesmo xeito, o informe destaca ?o respecto dos dereitos lingüísticos? fixada no proxecto dunha lei do comercio que non se chegou a aprobar na lexislatura e que foi paralizada polo PP.

MANTER TODO O NEGATIVO
Pero o informe aprobado por Anxo Lorenzo tamén era crítico coa política levada a cabo polo bipartito e propoñía varias accións para mellorar a situación da lingua galega. A resposta deste novo Goberno non foi outra que ?manter todo o que xa se consideraba negativo e non aplicar nada do que se recomendaba?, explica un dos expertos.
Así, o CDSG criticaba a escasa dotación orzamentaria para a política lingüística, así como o insuficiente persoal e estrutura da Secretaría Xeral. Desde a chegada do PP ao poder, o orzamento reduciuse para 2010 nun 20%, ao igual que a cantidade de persoal.
Igual ocorre coa falta de orixinalidade nos conceptos que criticaba o CDSG e que seguen sendo os mesmos nas partidas orzamentarias. Ademais, entre outros aspectos, os expertos criticaban a non constitución do Consorcio de Planificación Lingüística, malia ser un proxecto aprobado e anunciado en diferentes ocasións polo bipartito. Anxo Lorenzo, ao pouco da súa chegada ao cargo, anunciou a creación dunha Rede de Dinamización Lingüística, sen ser unha entidade formalmente constituída, e desbotou en calquera caso contituír o consorcio.
O mesmo caso fixo á Xunta á recomendación na que o CDSG pedía cambios nas validacións dos certificados de lingua galega (Celga) ou unha maior profesionalización do sistema de formación en lingua. Nada cambiou malia as peticións dos colectivos implicados.
Do mesmo xeito, o CDSG solicitaba que o Goberno desenvolvese ?unha política lingüística activa e participativa que teña por obxectivo o incremento do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos? e pedía tamén que ?dirixise e coordinase unha acción transversal para o conxunto da Xunta?. A Administración, no entanto, non realiza ningún tipo de acción transversal e o uso do castelán nas súas intervencións públicas e máis que habitual en máis dun conselleiro.
As solicitudes non acababan aí, xa que o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia pedía que a Xunta destinase máis recursos para a Política Lingüística, concretamente, que a dotación alcanzase un mínimo do 0,3% do orzamento total da Administración. Lonxe de achegarse, o presuposto para este ámbito descendeu un 20%, mentres que a cantidade destinada á Secretaría Xeral (SXPL) tan só supón o 0,137% do orzamento total.
Xa por último, o CDSG reclaman ?artellar mecanismos de participación social e que a SXPL traballe da man con todas aquelas entidades e sectores implicados no incremento do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos?. ?Sumar esforzos é imprescindíbel?, dicían. Moi lonxe disto, a Xunta non atende a proposta ningunha, nin ás da Academia, nin ás do Consello da Cultura, nin aos profesores, nin ás de Anxo Lorenzo. Chégalles coa ?minoría silenciosa das urnas?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-02-2010 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0