Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Declaración de AGAPEMA sobre as Bases do Decreto do Plurilingüismo no Ensino non Universitario de Galicia
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), reunida en Asemblea Ordinaria o 6 de febreiro de 2010, ante a exposición pública das Bases do Decreto do Plurilingüismo no Ensino non Universitario de Galicia e considerando que afecta directamente ao tratamento das competencias básicas na nosa materia, decide pronunciarse nos seguintes termos:



1. Non existe criterio pedagóxico ningún para o desenvolvemento da competencia matemática no que
as nais e pais podan sustentar a escolla lingüística que se lles suxire nas ditas bases. O mantemento da dita escolla podería, porén, impedirlle ao alumnado comprender e desenvolver a Ciencia en lingua galega.

2. Ao abeiro do decreto do uso e promoción do galego en vigor, a materia de matemáticas exerceu de canle difusora do vocabulario técnico e das estruturas formais propias do coñecemento matemático en lingua galega. Unha terminoloxía que, doutro xeito, nunca tería chegado ao alumnado nin, por extensión, á sociedade da que forma parte. Consideramos fundamental este labor divulgativo do profesorado de matemáticas para a ubicación da lingua galega nos ámbitos científicos e, daquela, para a súa promoción, para o seu prestixio social e, en definitiva, para o seu uso en liberdade.

3. Durante estes últimos anos tanto o profesorado de matemáticas como as industrias editoriais veñen
de realizar un esforzo creativo e de recompilación de recursos didácticos para o ensino das matemáticas en lingua galega. Estes materiais, adaptados ao noso currículo e as nosas circunstancias socio-económicas, parten do propio contexto e realidade do alumnado, o que permite
que a aprendizaxe das matemáticas poida desenvolverse coas máximas garantías de calidade.

4. Na materia de matemáticas o tratamento da competencia lingüística ten características propias como son a precisión na linguaxe, a súa concisión, a súa falta de ambigüidade e o exercicio esixente da comprensión lectora na resolución de problemas. Como profesoras e profesores de matemáticas acreditamos que, de maneira xeralizada en núcleos urbanos, existe un grande desequilibrio da competencia lingüística en lingua galega do alumnado con respecto á competencia lingüística en lingua castelá, en favor desta. Un desequilibrio do que as administracións educativas deben ser conscientes para dispoñeren as medidas que correspondan baseándose exclusivamente en criterios
técnicos de carácter pedagóxico e sociolingüístico, e dar así cumprimento á lexislación vixente.

5. Dende a nosa experiencia docente observamos que o uso vehicular da lingua galega na materia de
matemáticas foi recibido positivamente pola maior parte do alumnado, tanto castelán como galego
falante, e que, lonxe de supoñer un atranco á hora de adquirir os coñecementos matemáticos,
permítelle ao alumnado mellorar as súas competencias lingüísticas.

6. Con relación á vehicularización da nosa materia nunha lingua estranxeira consideramos que, para
que non incida negativamente no desenvolvemento da competencia matemática, debe realizarse nos
casos en que os centros dispoñan dos recursos necesarios para facelo, con profesorado de
matemáticas cualificado nesa lingua estranxeira, con carácter voluntario e cunha alternativa nunha
lingua oficial para que a atención á diversidade fique garantida.

En Santiago de Compostela, a 6 de febreiro de 2010.

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-02-2010 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0