Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Docentes de todo o Estado reclaman "igualdade" para o galego
Sindicatos educativos de Galicia, Euskadi, Cataluña, Baleares e Valencia asinan un manifesto conxunto a favor da "igualdade" das linguas cooficiais e en contra da súa "desprotección" con medidas coma o decreto que impulsa a Xunta.

Xornal.com - Actualizado 12/02/2010 - 13:55 h.


O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) vén de impulsar un manifesto, xunto a centrais sindicais de docentes vascos, cataláns, valenciáns e baleares, co obxectivo de defender a "igualdade" do galego, catalán e euskera nestas comunidades a respecto do castelán.

No documento, os profesores lembrar que o obxectivo dos procesos de normalización lingüística é "restablecer" os usos das linguas propias despois do seu "illamento durante séculos", así como "garantir o dereito das persoas que falan galego, catalan e euskera" a "falar e seren atendidas nas súas linguas propias" en todos os contextos.

Neste escenario, e ante propostas coma o denominado "decreto do plurilingüismo" que impulsa a Xunta, estes sindicatos reclaman "especial apoioa os programas educativos que teñen como finalidade que o alumnado alcance unha boa competencia comunicativa na lingua propia" e que "os prepara para un mundo multilingüe, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar". "Estas -conclúen- son as funcións da escola: asegurar a competencia lingüística, contribuír á desaparición das desigualdades e educar no respecto cara ás linguas propias".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-02-2010 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0