Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vázquez péchase ao pacto do galego e critica a marcha pola lingua por "usar nenos"
O titular de Educación e o PP descualifican a folga do ensino e PSOE e BNG lamentan que o galego ?estorbe na carreira de Feijóo en Madrid?

DAVID LOMBAO - Xornal.com - Actualizado 11/02/2010 - 11:33 h.


Inamovible. Despois de que, durante varios días, a Consellería de Educación e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrasen a súa disposición a reconducir, cando menos en parte, os preceptos do denominado ?decreto do plurilingüismo?, a primeira intervención do conselleiro, Jesús Vázquez, no novo curso parlamentario serviu para explicitar que as eventuais modificacións non terán en conta, en ningún caso, a voz da oposición.
Vinte e catro horas despois de que o Grupo Popular fixese valer a súa maioría absoluta para bloquear a creación da comisión parlamentaria proposta polo Consello da Cultura para ?recompoñer o consenso? lingüístico, Vázquez botou man do seu discurso máis duro para respostar unha interpelación da nacionalista Carme Adán, quen cuestionou ao conselleiro sobre os ?criterios? que apoian un decreto que, na súa opinión, só está feito para ?contentar os intereses do PP en Madrid?.
Tras unha primeira intervención na que, cinguíndose ao texto do seu discurso, o conselleiro se limitou a defender as ?bases? do decreto xa que, na súa opinión, ?responden ao mandato do Estatuto e a Lei de Normalización? e, ao tempo, ?atenden ás demandas sociais?, o debate adquiriu un ton sensiblemente máis bronco, en boa medida, por mor da intervención do voceiro de Educación do PPdeG, Román Rodríguez.
De novo a través dun dos seus deputados de perfil máis galeguista, os conservadores realizaron unha pechada defensa do decreto mentres, ao tempo, minusvaloraron a folga xeral do ensino do pasado 21 de xaneiro e a manifestación que, nesa xornada, sacou ás rúas de Santiago a 50.000 persoas. Para Rodríguez, as protestas responden só á ?posta en marcha da maquinaria do BNG?, unha formación ?encantada?, di co ?conflito? en torno ao idioma, xa que, asegura, as mobilizacións de Queremos Galego actúan no seu seo coma ?pegamento? entre correntes.
Esa descualificación da marcha a prol da lingua foi secundada polo propio Jesús Vázquez, quen, ademais de reiterar o, ao seu xuízo, carácter ?preventivo? da folga, asegurou que a súa finalidade ?partidista? só estivo ?interesada en seguir unha política de inmersión monolingüe? nun contexto no que ?houbo unha vulneración dos dereitos dos escolares?. PSOE e BNG, di, non dubidan en ?usar os nenos? para ?desgastar ao Goberno e ao presidente?.
Coa mesma belixerancia, e entre un intenso rebumbio no hemiciclo, o responsable da Administración educativa volveu reducir á categoría de ?suxestións? os ditames da Real Academia e do Consello da Cultura sobre o decreto para logo sintetizar que só ?hai dúas opcións; a inmersión que implantou o bipartito? ou o modelo da nova Xunta.
Nese tenso clima, o conselleiro obviou tanto as críticas da nacionalista Carme Adán coma o novo ofrecemento do socialista Guillermo Meijón para ?partir de cero? sobre a base do Plan Xeral de Normalización e as recomendacións do Consello da Cultura. Para Meijón, ese rexeitamento responde a un PP ?abducido por un presidente ao que a lingua lle supón un estorbo na súa carreira fóra de Galicia?. Así as cousas, Vázquez concluíu a súa intervención incrementando a fenda coa oposición: ?O PP ?subliñou? está aquí para, por suposto, derrogar o decreto? aprobado polo bipartito.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-02-2010 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0