Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bases do X Certame de creación artística Poesía e Imaxe
EN GALEGO, SEN FILTRO




1- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.

2- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe ou fotografía.

3- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases. O autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría terá de ser individual.

4- Niveis de participación:

- Educación Infantil
- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
- 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos

5- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:

a) fase nos centros
b) fase intercentros

6- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel definido na base 4 para participar na fase intercentros.

7- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel definido na base 4), quer en man, quer por calquera outro medio antes do 14 de abril de 2010.

Os traballos seleccionados deberán enviarse a:

Equipa de Normalización Lingüística IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) ? Ferrol

8- A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol -Concellaría de Educación- nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de trinta (30) atendendo aos seguintes criterios:

- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica.

9- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, podendo declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.

10- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.

11- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública á altura do mes de maio de 2010.

12- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.

Ferrol xaneiro de 2010
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-02-2010 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0