Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Moi eficaz o antivirus FALAGALEGO contra o verme virtual ANF
Temos un virus na rede, nas nasas da galeguidade, do galeguismo, da Lingua Galega, de Galicia. Trátase dun verme perigoso que ten a capacidade de destruíla, se non nos andamos con moito tino e con moita rapidez. É un fenómeno insólito, porque se infiltra con aleivosía, e o máis daniño e perverso, é que o encargado de estendelo é o propio administrador da rede. Ese que foi votado pola maioría dos habitantes de Galicia para que coidara os nosos sinais de identidade, entre eles o máis prezado que temos, a nosa lingua; sen ela ao mellor non existía nin Galicia, nin a Xunta, nin por suposto o seu presidente.

A recomendación a todos os usuarios desta rede é que non se confíen, pero que non deixen de usala continuamente, pois este virus multiplica os seus efectos cantos menos usuarios teña a devandita rede. Cómpre pois, estar alerta e combater o mal entre todos, clicando o botón da unidade, da constancia, da forza que nos dá ser os donos do equipo, do programa e da memoria.

Este verme virtual, chamase ANF e aprovéitase da vulnerabilidade dos individuos que non foron actualizados e protexidos cos parches adecuados, eses que quedaron ensimesmados, silenciosos e que, aínda que non o saben, están cheos de complexos. Propágase valéndose de conxunturas oportunistas, de xente que descoñece a rede, non sabe usala, non a aprecia ou incluso a despreza. Eles practican aquilo de ?nin como nin deixo comer? e ante a súa incapacidade, prefiren acabar con ela e que ninguén máis poida usala.

O problema é que este inimigo móvese a través de simuladores con programas falsos, que non son o que din ser, é aí onde se insire o troiano das mentiras, das promesas imposibles, das ameazas e das descualificacións aos que navegamos no mar do galego e sobre os que o verme executa a súa rutina de destrución.

A esperanza é que eles son só unidades extraíbles e polo tanto non é imposible desfacerse delas, botalas fóra cunha forza inconmensurable contra a que nunca funcionou ningún virus, a forza da historia, da tradición, da intuición, da razón e do amor polo noso pobo, que é imposible de entender sen o seu instrumento de comunicación, a Lingua Galega.

Nós, pola contra non somos accesorios, somos o sistema operativo, somos a rede das palabras que compartimos, estamos actualizados para defendernos do Spam ANF co mellor antídoto co que se pode contar: FALAGALEGO, que ademais compartimos con moito gusto con todos aqueles que estean infectados do virus e nolo soliciten.

ATENT@: ANF chega sempre camuflado e ataca directamente o sector cero do disco duro en toda a rede do galeguismo, e o que aínda é máis grave, toma o control e reprodúcese ata o infinito para inhibir os novos usuarios e que desta maneira non se poidan incorporar á rede. É dos coñecidos como virus mutantes ou voraces.

NOTA
Está por determinar o significado das siglas coas que se coñece o virus. Hai dúbidas sobre a súa orixe. Talvez AtacaNosaFala, AlbertNunoFeixo, AgoraNonFales que me gustan máis as maiorías silenciosas, etc.

Corona Tato

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-02-2010 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0