Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Iniciativa Lexislativa Popular sobre o uso do galego
INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR

Comezaranse os trámites para impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular, que dea garantías legais que posibiliten o uso do galego en todos os ámbitos e nomeadamente no ensino e na administración (ao remate desta entrada aparece o texto completo en slideshare)

A cantidade de sinaturas mínima que cómpre recoller é de 15.000.

Para posibilitar a participación do alumnado, que participou activamente na folga do 21 de xaneiro, editaranse tamén pregos de sinaturas que permitirán aos menores de idade expresar o seu apoio á ILP. O texto da ILP pódese consultar en http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/iniciativa-lexislativa-popular , así como no arquivo adxunto que vos achegamos. O luns 8 de febreiro entregarase no rexistro do Parlamento.

FESTIVAL DE MÚSICA QUEREMOS GALEGO

Organizarase cara o mes de abril un festival de música en Santiago coa presenza de diferentes grupos galegos.

CONTESTACIÓN AO PROXECTO DE DECRETO

Convocaranse actos en todas as comarcas o día seguinte da presentación do proxecto de decretazo contra o galego, que previsibelmente será neste mes de febreiro.

REPARTO DE BANDEIROLAS, CAMISETAS E BONOS DE AXUDA.

Repartiranse as bandeirolas de Queremos Galego para colocarmos nas fiestras, e facermos público dese xeito o noso apoio á nosa lingua e o noso rexeitamento á política lingüística do gobernos da Xunta. Ademais seguen á venda polo prezo de 10? bonos-axuda de Queremos Galego e camisolas para sufragar gastos.

É importante contribuirmos aos gastos da plataforma adquirindo algún destes bonos ou camisolas.

MOBILIZACIÓN 17 DE MAIO.

Ao redor do 17 de maio convocarase unha manifestación nacional na defensa na nosa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 06-02-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0