Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XUNTANZA IMPULSADA POLA PLATAFORMA CÍVICA QUEREMOS GALEGO?FERROL EN APOIO E IMPULSO DO ENSINO GALEGO

XUNTANZA IMPULSADA POLA PLATAFORMA CÍVICA QUEREMOS GALEGO?FERROL EN APOIO E IMPULSO DO ENSINO GALEGO.


As asociacións relacionadas a pé da páxina, directamente relacionadas co ensino na comarca de Ferrol, manifestamos:



O noso profundo rexeitamento aos ataques que se están a producir contra o proceso democrático de normalización do galego.

A nosa preocupación polo efecto negativo que a aplicación dunha proposta de decreto elaborada de costas aos sectores directamente afectados tería na calidade do ensino e sobre o incremento do fracaso escolar do alumnado

A nosa oposición a que o Presidente da Xunta pretenda trasladar a súa responsabilidade de gobernar ao alumnado e ás familias creando un conflito sen precedentes na comunidade escolar.

Que o uso do galego é un dereito fundamental do que non podemos privar ás novas xeracións. Para poder exercer ese dereito en liberdade, o goberno ten a obriga de garantir a plena competencia na nosa lingua propia.

O noso rexeitamento a que logo de tantos anos de gobernos do PP en Galiza, se pretenda utilizar o pésimo resultado acadado na aprendizaxe do inglés para agochar unha agresión ao noso idioma propio.

O noso desexo dunha inmediata volta ao sosego, reflexión e consenso na toma de decisións sobre o sistema de ensino, logo da ruptura unilateral por parte do PP.

A necesidade de impulsar a aplicación do decreto vixente, de avaliar anualmente os seus resultados e do posterior estudo consensuado de posíbeis modificacións no camiño sinalado na Lei de NL, no PXN da lingua galega e na Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias.

Facemos unha chamada ao conxunto da sociedade da nosa comarca para que apoie o paro no ensino facendo as previsións necesarias para que o alumnado non acuda aos centros escolares o vindeiro xoves día 21 e que participe na manifestación que partirá da Alameda de Santiago de Compostela ese día 21 ás 11:30 h.

Información de autobuses gratuítos na páxina www.queremosgalego.org

CIG, Comités, Coordenadora de ANPAS de Ferrolterra, Coordenadora de ENL de Ferrolterra, Galiza Nova, Representantes na Xunta Provincial de Directores/as de primaria e secundaria de ferrolterra, STEG e Xuventudes Socialistas de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 18-01-2010 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0