Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mil firmas apoian xa
MANIFESTO

O filósofo Antón Baamonde, o escritor Xabier P. Docampo e o editor Manuel Bragado presentan hoxe en Vigo o texto en defensa da lingua.

MARÉ - GALICIA HOXE


O Salón de actos da Casa Galega da Cultura de Vigo acolle hoxe ás 12:30 horas a presentación do manifesto Galego. Patrimonio da Humanidade, que foi asinado até o momento por máis de 1.200 persoas. En nome dos redactores do documento, intervirán o filósofo Antón Baamonde García, o escritor Xabier P. DoCampo e o editor Manuel Bragado. A iniciativa, que se pode consultar na web http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/, quere constituírse en grupo promotor para a elaboración e presentación no Parlamento de Galicia dunha iniciativa lexislativa popular que protexa a oficialidade do idioma galego. "A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán", asegura o manifesto. O texto deixa claro que o PP "saíu do consenso" mantido durante estes anos arredor da lingua propia, pero advírtelle ao goberno de Núñez Feijóo que "gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país".

"O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación", conclúe o manifesto que se insire dentro dunha serie de movementos de apoio social á lingua como a plataforma "Queremos Galego" que está de impulsar a Mesa pola Normalización Lingüística.

TEXTO DO MANIFESTO


GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE (asina aquí)


Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial Protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun Idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou
proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron Historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a
presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en
situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen
embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.

A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua ?independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente? debe reclamar unha volta do PP a un terreo común, así como mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e información.
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 11-07-2009 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0