Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Espazos para falar

Descubrirmos que hai outros é o resultado dunha viaxe arredor dun mesmo ... e este labor pode ser realizado polos nosos pícaros e pícaras desde as idades temperás. O espello reflictirá, en medio dun ambiente festivo, que hai máis, que non son o único.
Acadarmos ese espazo no que os falares de nenos xogando usando a lingua propia é unha regalía na nosa comarca e é merecente dos maiores esforzos.
Nesta actividade o lúdico é o fundamental.

Grupo de rapaces de 0/9 anos: reunións semanais e encontros en distintos concellos da comarca. Estes encontros serán realizados nun ambiente festivo polo que haberá contacontos, títeres...


A COORDENADORA E A GALERÍA SARGADELOS FERROL na procura de buscar ESPAZOS PARA FALAR inician unha serie de actividades que se van realizar no local da Galeria en Ferrol. e que podedes ver na imaxe de arriba.
Bases da convocatoria

A convocatoria da campaña, que é de ámbito comarcal e gratuíta, ríxese polas seguintes bases:

? Condicións de participación:

1. A convocatoria está aberta a nen@s de 0-8/9 anos, sempre que veñan acompañados do pai, nai ou titor.
2. As actividades de animación á lectura desenvolveranse un sábado de cada mes (preferiblemente o primeiro), de 11.00-12.00h e de 12.00-13.00h tendo en conta a idade dos pequen@s.
3. O número máximo de nen@s para cada quenda será de 25, admitidos por rigorosa orde de inscrición.
4. O idioma empregado será única e exclusivamente o galego para a totalidade das actividades deseñadas.
5. O número e tipo de actividade a realizar é sensible ás suxerencias dos pais e dos nen@s.

A participación nesta actividade dará dereito a posuír un CARNÉ DE LECTOR, expedido pola GALERÍA SARGADELOS FERROL, que entre outras vantaxes ofreceralle un 5% de desconto ao mercar libros ao titular do mesmo.

A solicitude de inscrición formalizarase no Formulario de inscripción, que se adxunta nestas bases, convintemente recheado. Depositarase na GALERÍA SARGADELOS FERROL, considerándose válida a enviada por correo antes da data mencionada.

A participación nesta convocatoria implica a total aceptación destas bases. A dirección da galería resolverá as incidencias non contempladas nestas bases.


FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN



DATOS PERSOAIS DOS NEN@S:

Nome e apelidos: ?????????????????????????????.
Enderezo: ?????????????????????????????????.
Localidade e código postal: ?????????????????????.
Teléfono: ??????????????????????????????????
Idade: ???????????????????????????????????.
Curso que estuda actualmente: ???????????????????.
Quenda: ???????????????????????????????????.


DATOS PERSOAIS DOS PAIS:

Nome e apelidos: ?????????????????????????????.
DNI: ?????????????????????????????????????.
Enderezo:(consignar no caso de que sexa diferente ao d@ nen@)
????????????????????????????????????????.
Localidade e código postal: ?????????????????????.
Teléfono: ??????????????????????????????????.


DATA: ??????????????????????????????.
NÚMERO DE INSCRICIÓN: ?????????????????.??
SINATURA E SELO:
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-01-2009 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0