Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Mesa denuncia que o novo curso escolar comeza "sen avances na aplicación do decreto do galego"
A asociación demanda a Educación que faga públicos os datos oficiais sobre o incumprimento e adopte medidas para corrixir a situación e tamén acusa á Consellaría de "irresponsábel por non garantir a aplicación da lexislación lingüística no ensino".

[GZnación / Redacción / 24 Set 08]



A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o comezo do novo curso escolar, o segundo desde a entrada en vigor do decreto de galeguización do ensino, "non está a supoñer ningún avance no cumprimento desta norma, debido á irresponsabilidade, inoperancia e falta de interese" da Consellaría de Educación.

Segundo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, "até o de agora non moveron un dedo para facer que se cumpra o decreto, a pesar das denuncias reiteradas que desde a nosa asociación e desde outras entidades se fixeron durante o curso pasado", segundo informan nun comunicado.

"Non é só que non adopten medidas, senón que nin tan sequera cumpren coa súa obriga de informar sobre o nivel de aplicación da norma", sinala o presidente da Mesa, en alusión tanto ao compromiso público da Consellaría de "transparencia cos datos de cumprimento deste decreto" como ao estabelecido na disposición adicional quinta da norma, que sinala que "con periodicidade anual, despois do final do curso escolar, o Goberno de Galiza avaliará os resultados de aplicación do presente Decreto e desenvolverá regulamentariamente cantas disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación dos seus obxectivos, a fin de achegarse gradualmente á plena aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias".

Callón lembrou que a situación do galego no ensino é "realmente grave, a pesar do mundo ao revés que queren pintar determinados sectores que teñen como obxectivo a desaparición do galego". Como exemplo desta situación, está o contundente dato de que o 65% dos rapaces e das rapazas de entre 3 e 6 anos nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol cursan os seus estudos en centros que non cumpren os mínimos deste decreto. Este dato foi proporcionado polos propios colexios á Mesa pola Normalización Lingüística.

A Mesa lémbralle á Consellaría de Educación que "os gobernos responsábeis cumpren as leis" e esíxelle que poña a andar as medidas longamente reivindicadas pola comunidade educativa: a adopción dun plan de formación lingüística para o profesorado, a implementación de campañas de sensibilización e a promoción dunha guía de recursos en galego para as diferentes materias e tramos educativos entre outras.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-09-2008 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0