Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O blog de Anxo Tato, de Touro
Unha ligazón interesante que se nos propón para engadir no noso blog.
Cousas dun gaiteiro
Ficará no noso apartado de recomendados.
E velaí, de seguido, un exemplo tirado dese blog

NÓS, POBRES ALIENADOS

A vós, irmáns, que coma min chorades bágoas de espiñas. A vosoutros, irmáns, que ao andar polas corredoiras da vida emporcades os zocos en lamaguentas palabras alleas. A todos os que mamastes dende o berce o gran tesouro dos nosos trobadores. Para os que falades galego e estades, como estou eu, alienados.

Por que alienados? Porque así que temos sentido e nos escoitamos falar dannos ? ao oír certas palabras, (noxo?). Porque ao darnos eses ? volvemos sobre elas e decatámonos de que son castelanismos. Para remendar o asunto usamos a palabra galega e ? séguennos dando ? E daquela cavilamos e barrenamos e non sabemos que facer. O sanatorio de Conxo está ateigado de pobres alienados tolos que non o puideron soportar. Se vas alí e llo preguntas diranche que ese ? é un sentimento horríbel, que é un coma un buraco negro, é un non existir, un estar dacabalo entre aquí e acolá e non ser de ningures.

Aínda hai outras dúas manifestacións da alienación. Os cativos brincan pola casa entre ghatos e ghaliñas, miran os paxaros de seo e van ao sine con seus pais. Pero, tan pronto chegan á escola apréndenlle centos de palabras de libro sen eses fonemas cos que se criaron. O mestre oculta tamén as súas peculiaridades lingüísticas. Iso a onde leva? Os cativos medrarán (eu son un deses cativos) e cando falen na súa vida cotiá intentando depurar castelanismos ou en actos formais, desfaranse do seseo e máis da gheada (niso os educaron). Alienaranse. Transformaranse nun ente inerte co don da palabra, que fala e non se quere oír, pois non se recoñece na imaxe que lle devolve o espello. Pobres alienados, choromicas inconscientes que soñan pesadelos de bághoas bañadas en seseo e gheada. Pesadelos ocultos que o censor dos soños lle aghacha á consciencia para non facerlle tan amargha a existencia.

A terceira alienación é a das xeracións que involucionan. O idioma xurdiu dun berro, dun choro (primeiras falas humanas). Nós volvemos á Idade de Pedra, imos deixando que as palabras afoguen entre as silveiras dos roleiros. Nós, homo sapiens sapiens, co cerebro superdesenvolto, coa mente a rebentar de conceptos e coa cabeza chea de paxaros, cada día facémonos máis rochosos, máis paleolíticos, menos barulleiros. Cando tiramos significantes (palabras) nalgunha cuneta, malia seguiren existindo as realidades materias ou conceptuais ás que estas se refiren, malia ter na mente o significado (concepto), non nos petrificamos un chisco máis? Non nos volvemos autistas coma os penedos que pensan (si, as pedras tamén pensan!) e non se expresan? Non nos estamos alienando? Non perdemos a sociabilidade humana (fundamentada na linguaxe) e illámonos coma os penedos que aparecen sós no medio do monte?

Nós, irmáns, estamos alienados mais? non sempre ha ser así! Cal é o prezo que habemos de pagar para destruír a alienación, para acabar con ela? Unha quinta, o sangue dunha quinta. Ese é o prezo! Abonda co sacrificio dunha xeración, escrava xa dende berce, para derrotala. A suor dunha quinta transmitíndolle á proxenie unha fala pura (ceibe de castelanismos), enxebre (coas variantes dialectais propias do recuncho que a cada un lle tocou habitar) e rica (con todo ese léxico imprescindíbel que se está esquecendo). Esa é a solución para despachar a alienación centenaria! A loita persoal de cada galego, pensando globalmente (no pobo galego) e actuando de xeito individual, é o único remedio. É aghora entenderás que che digha irmán porque

Común temos a patria, común a loita, ambos.

A miña mau che dou, coma un irmáu che falo.

CELSO EMILIO FERREIRO, Longa noite de pedra
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-06-2008 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1
Non me digas como cheguei ata aquí, pero cheguei,
graciñas miguel por poñer este meu (relato?, se se pode chamar así) aquí e por re#blgtk08#comendar o meu blog.

Para min e unha honra, e igualmente non me canso de dicir qun é o mellor profesor que tiven nunca, e ese es ti
Comentario por O AUTOR (19-09-2008 12:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0