Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALEGO EN RISCO? ... FALA E NON CALES NESTA LINGUA MUNDIAL!
Artigo publicado no nº 11, xuño de 2008, de REGALÍA, revista escolar do I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.


Non vos vou contar nada que non saibades xa: andamos en apuros. Nos últimos anos, o número de galego-falantes habituais baixou de xeito alarmante, e segue descendendo.

Despois de superar os Séculos Escuros, de sobreviver aos tempos de ilegalidade que sufriu durante a Guerra Civil e a época franquista, de salvar todas as dificultades (e non foron poucas) que se presentaron na súa historia, agora o galego está nunha das peores situacións que se recordan: nas outras épocas de decadencia, malia que era ilegal e absolutamente extraoficial, contaba coa inmensa maioría do pobo galego para falalo e defendelo.

E agora, porén, a pesar de que é a lingua oficial de Galiza, só é falada por pouco máis da metade dos galegos como primeira lingua. Segundo inquéritos do Seminario de Sociolingüística da RAG, Real Academia Galega, para elaborar o Mapa Sociolingüístico de Galiza de 1992, o galego era a lingua prioritaria do 68,6%, mentres que os datos achegados pola Ecvf (Enquisa de condicións de vida das familias) elaborada polo Instituto Galego de Estatística doce anos despois falan de que esta porcentaxe se reduciu até o 60,6%. Como podemos observar, nestes anos transcorridos o galego deixou de ser a primeira lingua no 8% da nosa poboación. Este é o resultado do ?bilingüismo harmónico? do PPdeG e do colectivo Galicia Bilingüe: o avance do proceso de substitución do galego polo castelán. E ademais de estar sendo substituída polo castelán encóntrase intoxicada por el, e cada vez máis distanciada do seu irmao xémeo, o portugués, que é a 5ª lingua nativa máis falada do mundo, con 230 millóns de falantes, e grazas á cal podemos dicir que o galego, dentro do mesmo sistema e a mesma raíz lingüística, é unha lingua mundial.

E continuamos en caída libre, xa que os mozos e as mozas, quen teremos a responsabilidade de dirixir a nación galega nun futuro non moi afastado, utilizamos cada vez menos a nosa lingua entre nós: cantos de vós falábades e falades galego na vosa casa e, porén, pasastes a usar o castelán entre os amigos/as? Por que sempre que se encontran dous amigos/as, un co galego como lingua materna e outro que fale castelán, é o galego-falante o que ten que mudar de lingua, e non ao revés? Hai incontábeis exemplos disto, e o problema é que xa non nos imaxinamos falando cos amigos doutra maneira. Sei que non é fácil, pero anímovos a que o intentemos: non é nada do outro mundo, é só usar a lingua que corresponde, a lingua que aínda utilizan habitualmente máis da metade dos habitantes do noso país, a nosa lingua. Só nós podemos conseguilo!!!

Adriano Quiroga Castiñeira
Comentarios (4) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-06-2008 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 A ver logo se a xente nova que aprende galego no seo da familia non recúa fronte á enorme presión que o español exerce no ámbito escolar nas relacións informais da mocidade.
Eis un obxectivo prioritario par#blgtk08#a calquera Equipa de Normalización e Dinamización Lingüística: organizar e argallar todo tipo de actividades e iniciativas para que os nosos estudantes falen e non calen e non paren de falar a nosa lingua mundial.
Comentario por OCarvalhoDaPortela (24-06-2008 11:05)
2 Orgulho de ler estas palabras. Orgullo dumha mocidade que asoma#blgtk08# após de tanto silenzo.
Ogallá non sexas flor dun día>9
Comentario por exeria branco (24-06-2008 14:20)
3 Eu que poderia ser o seu pai, síntome reconfortado porque este rapaz ten as cousas claras, como eu as tiña aos dezaseis anos, mergul#blgtk08#lado nun mundo castelán falante.
Se a nosa lingua esmorece será acó, porque alén Miño e despois do mar, seguirá a se falar.
Comentario por Antón (26-06-2008 11:16)
4 Pobres niños que se ven obligados a ser politizados y ultrarradicalizados, pronto empezarán con las agresiones típicas de los amigos de la ETA. No os cabe en la cabeza que lo que hay que defender es la libertad para elegi#blgtk08#r idioma, que hablen en gallego en las aldeas si quieren, pero nosotros queremos libertad. ¡Viva la libertad!

Andrés Pañacoño
Presidente de Gallegos en Libertad (www.gallegosenlibertad.blogspot.com)
Comentario por Andrés Pañacoño (19-12-2008 11:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0