Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Campionato de Trivial.gz DÍA DA PATRIA GALEGA
23 de xuño de 2008

A posibilidade de aprender xogando é unha forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía. Con este obxectivo o Festigal convoca o I Campionato de Trivial.gz DÍA DA PATRIA GALEGA que se rexerá polas seguintes bases.

BASES

Participantes.

Poderán participar neste campionato todas as persoas que o desexen con independencia do seu lugar de residencia.

Para se inscribir, debe cubrir o datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato.

Para calquera dúbida relacionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com

O Campionato rexerase polas normas do Trivial.Gz

O gañador ou gañadora será a persoa que, finalizado o campionato, figure no posto número 1 e con máis puntos na clasificación. Para os restantes premios seguirase o mesmo criterio. No caso de se producir un empate a puntos desempatará o criterio de maior porcentaxe de preguntas acertadas e se aínda persistir utilizarase o criterio de partidas gañadas. En todo o caso será o sistema o que calculará automaticamente estes datos, que serán sempre públicos.

O Campionato desenvolverase entre o 8 e 22 de xullo de 2008

As datas de inscrición serán entre o 23 de xuño e o 9 de xullo de 2008

O nivel de dificultade será de 1 (fácil) e xogarase con 6 temas.

O límite de partidas diarias será de 15 partidas.

Premios.

Estableceranse os seguintes premios:

1º.- 600 euros (400 en metálico e bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).

2º.- 400 euros (200 en metálico e bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).

3º.- 200 euros (bono de 200 canxeábel por produtos dos postos da Galería das Letras do Festigal).

Para recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os premios entregaranse o 24 de xullo en Santiago de Compostela, ás 20:45 h. na Galería das Letras do Festigal (Campus Sul universitario).

A AS-PG contactará mediante correo electrónico cos gañadores ou gañadoras. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido.

Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-06-2008 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0