Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIX Encontros Pedagóxicos de Ferrolterra - Programa
Luns, 22


Ás 16:00: Recepción de participantes e entrega de material.

De 16:30 a 18:30: 1º OBRADOIRO.

A- Ferramentas TIC. para a comunicación, recursos lexicográficos (dicionarios, correctores e tradutores: o seu manexo) e recursos padagóxicos (recursos didácticos e ferramentas para a elaboración de recursos pedagóxicos).
Por ?Tagen Ata?, cooeperativa galega de traballo asociado, constituída en torno aos valores da co-responsabilidade, a democracia, a igualdade e a vocación social.
B- Comunicación efectiva=comunicación afectiva. A comunicación efectiva basease nas habilidades relativas á linguaxe e á comunicación que reforzan a nosa capacidade de seguir sendo humanos.
Por Carmen Sarmiento, profesora de música no IES. ?Lucus Augusti ? de Lugo, especialista en comunicación efectiva.
C- Improvisando nas aulas ,o teatro como ferramenta de comunicación e resolución de conflitos. Coñecer o propio corpo e as posibilidades expresivas(voz, movemento?) e a creatividade do profesorado para con o alumnado. Observación e análise da realidade diaria das aulas a través de improvisacións pautadas.
Por Xabier López, educador social e actor.
D- ¿ Xogamos no tempo morto? o xogo variado contribúe á estimulación de todos os aspectos do crecemento e desenvolvemento das persoas. Os / as profesionais deben estimular o desenvolvemento lúdico dun xeito concomitante ao aprendizaxe e desenvolvemento das crianzas e mocidade.
Por Mª Jesús Lois Navaza, técnica superior en Ed. Infantil, monitora sociocultural, presidenta da Asociación Altas Capacidades de Galiza.
E- ¿Qué é a risoterapia? Saber rir. A risa é o principal antídoto recoñecido para unha vida estresada e enferma. A risa non é só unha cuestión divertida senon un modo de coñecer a nosa propia realidade.
Por Carme González Santos, osteopata e terapeuta en técnicas de masaxe e risoterapia. Integrante do grupo de teatro-clown ?Mariclown?, que estreará en setembro a súa obra Sen pecado concebida.
F- Ferramentas para unha titoría eficaz Amosar un novo modelo de titoría me-diante técnicas de dinamización de grupos, xogos teatrais para millorar as técnicas en habilidades sociales, en autoestima e en resolución de conflitos.
Por Pedro Brandariz, educador social e interdisciplinar, adicado en xeral aos as-pectos da educación non formal. Clown e actor.

De 19:00 a 21:00: 2º OBRADOIRO (dos anteriores, diferente ao escollido na 1ª sesión).

O obradoiro B (luns, martes) obriga a escoller tamén o obradoiro E (mércores, xoves).

Martes, 23


De 16:30 a 18:30: Obradoiros (continuación)
De 19:00 a 21:00: Obradoiros (continuación)

Mércores, 24


De 16:30 a 18:30: Obradoiros (continuación)
De 19:00 a 21:00: Obradoiros (continuación)

Xoves, 25


De 16:30 a 18:30:.Obradoiros (continuación)
De 19:00 a 21:00: Obradoiros (continuación)

Venres, 26


De 16:30 a 18:30: Letras para todo e sempre: Ricardo Carvalho Calero Percorrido polas distintas facetas traballadas polo profesor, crítico, investigador e escritor ferrolán e en especial na súa produción e creación artística: poética, dramática e narrativa.
Por Henrique Da Costa López, profesor de L e L. Galegas. Escritor e investigador, colaborador do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Premio Carvalho Calero coa novela Mar para todo e sempre. Tamén publicou relatos curtos, libros de contos, Os contos da mesa e un manual de literatura, Ferroláns na Historia da Literatura Galega.

De 19:00 a 20:00: Recital poético
Recitado de poemas de Ricardo Carvalho Calero e da poetisa ferrolá Aurora Varela Caabeiro.
Por Aurora Varela Caabeiro, filóloga de Galego e docente. Participou en numerosos actos poéticos e gañou diferentes premios literarios como os Accésits ?Brisa Mariña? e ?Xosé Mª P. Parallé?. Mención do xornal ?La Opinión? da Coruña. I Premio ?Luisa Villalta? da U. da Coruña. Colaboradora habitual do Diario de Ferrol.

Concerto musical de diferentes pezas musicais, galegas e de diferentes autores.
Por Virginia Calvo Meizoso, profesora de acordeón e presidenta da ?Asociación de Acordeonistas de Ferrolterra? e directora da ?Orquestra de Acordeóns Lembranzas?.
Inicicia os seus estudos musicais en Brasil, onde naceu, e perfeccionaos en San Petesburgo, baixo a dirección do maestro Oleg Sharov.

Acto de Clausura

LUGAR: Ceip. Isaac Peral.
DATAS: do 22 ao 26 de setembro.
HORARIO: de 16:30 a 21:00 horas.
INSCRIPCIÓNS: no local da CIG.-ensino(Eduardo Pondal, 41-43, entrechán), por tfno. 981358750, na páx. WEB.: cig-ensino.com . Por rigurosa orde de inscrición e ata o día de comezo da actividade.
PREZO: afiliación e socios/as da Cig./AS-PG, 15?; Paro, 35? e Normal 42?.
HOMOLOGACIÓN CONSELLERIA DE ED. E O. U.: 19 HORAS.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-06-2008 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0