Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un crego de Vedra pide na folla parroquial que desapareza o galego
LINGUA E IGREXA

Tamén os meus pais usaron o arado romano e o carro de bois e agora úsase o tractor, o coche e máquinas modernas, comeza o texto.

Redacción Vieiros - 14:20 16/06/2008



Cada ano desaparecen no mundo uns 50 idiomas. Lástima que non desaparezan moitos máis. Afirmacións como esta recóllense nunha folla parroquial de Vedra, colgada no blog Fandiarzúa (vía Chuza!), e redactadas polo párroco local. No escrito, distribuído nas últimas semanas, afírmase sobre a diversidade lingüística que é unha grande incomodidade que hai que suportar e avógase pola desaparición do galego.

Entre outros argumentos, o crego afirma que o galego fálano dous millóns de persoas. O español fálano uns 400 millóns e que os que falan o galego entenden igual ou mellor o español. Así mesmo, defende que o texto dos sinais de tráfico e os nomes das cidades debería ser na mesma lingua en todo o territorio nacional. Concede iso si, que o galego e o portugués son parecidos, pero mesmo aí atopa un lugar para a crítica, pois -di- iso dificulta a aprendizaxe da lingua portuguesa.

A seguir, o texto critica o nacionalismo galego (os nacionalistas que padecen de miopía) e defende o español porque nacionalistas no bo sentido da palabra debemos ser todos (considerando Nación a toda España e non a un remendo soamente). Finalmente, xustifica a prohibición da lingua galega durante a Ditadura: nos anos 1940 prohibíannos falar galego no Seminario. Hoxe din que aquelo era unha barbaridade. E eu digo que era un acerto.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-06-2008 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Bueno outra vaca no millo! Eu non entro a valorar historias coma estas porque penso que se valoran sóas. Este señor ten que obrar e pensar e expresarse con respecto, eso que el predicará, supoño, era o que necesitaba este señor que lle ensinaran. Eu podería propor ou proporía tamén que desaparecera a súa organización, que cada un crera no que quixera pero botando a un lado a organización deste señor e doutros moitos que pensan coma el, deixaria, eso si, aqueles señores que respectan aos demais e obran conform#blgtk08#e a algo do que predican. Igual era interesante que desde a propia organización, ademais de pedir os cartos do IRPF e fomentar emisoras de radio con personaxes sinistros,se puxeran mans á obra -nunca mellor dito polo da obra- e pensaran en depurar ou barrer a súa casa. Penso que con señores coma este o cheiro a rancio e a humidade debe ser moi forte. Que siga facendo follas parroquiais, ao mellor os seus destinatarios danse conta de quen é este señor e tíranlle co chirinquito e fano desaparecer a el de escea.
Comentario por esogalego (23-06-2008 11:35)
2 pederastas,homófobos, aliados coa ditadura franquista, ou sexa fascistas, ladróns, censores e inquisidores ou sexa asasinos, machistas e apoloxetas da violencia#blgtk08# de xénero... quen pode a estas alturas ter en conta nada que veña dun membro dunha institución que mais se asemella ao KKK que a ningunha outra cousa? Enfin...
Comentario por denantesmortas (01-08-2008 14:10)
3 Thanks for the fan#blgtk08#tastic post here.
Comentario por Replica Hermes Handbags (27-06-2013 05:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0