Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desaparece o dicionario de Ir Indo na rede
Algúns xa observariades que ao utilizar a ligazón que puxemos ao dicionario de galego aparece unha nota aclaratoria da editorial, que coloco aquí para a vosa información:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística con data 10 de setembro de 2.007 sacou no Diario Oficial de Galicia un concurso público para financiar un dicionario na rede (debido a que só había -e segue habendo- o da Real Academia Galega, con 15.000 entradas e na normativa anterior). Despois de adxudicarllo a unha empresa tivo que declaralo deserto debido a un gran fallo na redacción das bases.

Ante esta decisión IR INDO EDICIONS retira da rede o seu Dicionario ata que a Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifique as bases e volva convocar, en concurso público, este servizo

Pedimos desculpas aos milleiros de internautas que neste curto período de tempo nos visitaron, e que incluso nos enviaron os seus parabéns.

Confiamos en estar con vós o antes posible.

Graciñas.


De todas formas, decidín manter a ligazón para cando o problema se resolva. De momento, a propia ligazón contén a información sobre o particular e, por tanto, paréceme que é de utilidade.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-06-2008 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0