Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Diario de Ferrol - Miles de manifestantes reivindican en Santiago o "dereito a vivir en galego"
Miles de manifestantes reivindican en Santiago o "dereito a vivir en galego"

AXENCIAS > SANTIAGO


Miles de persoas percorreron onte as rúas de Santiago co obxectivo de reivindicar o uso normalizado do galego. Tras a marcha, o presidente da Mesa, Carlos Callón, leu un comunicado no que denunciou a discriminación de persoas por falar galego no seu ámbito laboral.

Varios miles de persoas -a organización cifrou en 25.000 os asistentes e a Policía Local descendeu esta cifra até os 8.000- déronse cita onte en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego" nunha manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A pesar da intermitente chuvia, dende o mediodía partiron da Alameda compostelá numerosos integrantes de colectivos de moi diversos ámbitos que percorreron varias rúas da capital galega para concluír a manifestación coa lectura dun manifesto nunha praza da Quintana practicamente chea.

No transcurso da mobilización, os asistentes lanzaron proclamas que animaban a "normalizar" a situación da lingua galega en todos os ámbitos. Deste modo, "Do médico ao notario, en galego a diario" e "Na rúa e no traballo, en galego todo o ano" foron os cánticos que máis se puideron escoitar, así como o son das gaitas.

Normalidade > Ao remate da manifestación, a praza da Quintana acolleu a catro persoas que padeceron problemas por expresarse en galego no seu ámbito laboral, algo que o presidente de A Mesa, Carlos Callón, riscou de "incrible" e "sinrazón".

Ademais, considerou que estas persoas son "o exemplo de que hai que seguir loitando". Despois que os catro participasen reivindicando o dereito a utilizar o galego "con normalidade" en todos os ámbitos e reclamando "garantías e compromisos" por parte da Administración, Callón aproveitou tamén para citar a Castelao. "Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma", proclamou.

Callón defendeu o "dereito colectivo básico e elemental" que supón utilizar o galego con "normalidade" en calquera ámbito posto que "non prexudica a ninguén". Por iso, insistiu na reclamación aos poderes públicos para que "garantan" ese dereito que teñen todos os cidadans.

Do mesmo modo, explicou que o galego é a "lingua natural" de Galicia e reprobou aos que negan ese dereito por considerar que utilizan "discursos franquistas".

Nesta liña, recordou aos asistentes que a frase "o castelán é tan galego como o galego" provén da época franquista e criticou o "cinismo" daqueles que queren que a lingua galega se converta nunha "reliquia". Non obstante, celebrou que un total de 500 entidades -concellos, asociacións veciñais, sindicatos, deportistas e colectivos de diversos ámbitos- apoiasen unha manifestación que cualificou de "histórica".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0