Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Nosa Terra - Milleiros de persoas, na rúa pola defensa do idioma
A NOSA TERRA
Portada | GALIZA
A Mesa fala de 25.000 manifestantes
Milleiros de persoas, na rúa pola defensa do idioma

Redacción . A marcha reivindicativa convocada pola Mesa polo Día das Letras baixo o lema 'o dereito a vivirmos en galego' xuntou a milleiros de persoas nas rúas de Compostela, onde cualificaron de 'sinrazón' os problemas que aínda existen para falar no idioma propio en todos os ámbitos da vida diaria.
18.05.2008 | 16:38



Varios miles de persoas -a organización cifrou en 25.000 os asistentes e a Policía Local descendeu esta cifra ata os 8.000- déronse cita hoxe en Santiago de Compostela para reivindicar "o dereito a vivirmos en galego" nunha manifestación convocada por A Mesa pola Normalización Lingüística.

A pesar da intermitente chuvia, dende o mediodía partiron da Alameda compostelana numerosos integrantes de colectivos de moi diversos ámbitos que percorreron varias rúas da capital galega para concluír a manifestación coa lectura dun manifesto nunha Praza da Quintana practicamente chea.

No transcurso da mobilización, os asistentes lanzaron proclamas que animaban a "normalizar" a situación da lingua galega en todos os ámbitos. Deste modo, 'Do médico ao notario, en galego a diario' e 'Na rúa e no traballo, en galego todo o ano' foron os cánticos que máis se puideron escoitar, así como o son das gaitas.

Ao remate da manifestación, a Praza da Quintana acolleu a catro persoas que padeceron problemas por expresarse en galego no seu ámbito laboral, algo que o presidente de A Mesa, Carlos Callón, riscou de "incrible" e "sinrazón".

Ademais, considerou que estas persoas son "o exemplo de que hai que seguir loitando". Despois que os catro participasen reivindicando o dereito a utilizar o galego "con normalidade" en todos os ámbitos e reclamando "garantías e compromisos" por parte da Administración, Callón aproveitou tamén para citar a Castelao. "Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma", proclamou.

Callón defendeu o "dereito colectivo básico e elemental" que supón utilizar o galego con "normalidade" en calquera ámbito posto que "non prexudica a ninguén". Por iso, insistiu na reclamación aos poderes públicos para que "garantan" ese dereito.

Do mesmo modo, explicou que o galego é a "lingua natural" de Galiza e reprobou aos que negan ese dereito por considerar que utilizan "discursos franquistas".

Nesta liña, recordou aos asistentes que a frase "o castelán é tan galego como o galego" provén da época franquista e criticou o "cinismo" daqueles que queren que a lingua galega se converta nunha "reliquia".

Non obstante, celebrou que un total de 500 entidades -concellos, asociacións veciñais, sindicatos, deportistas e colectivos de diversos ámbitos- apoiasen unha manifestación que cualificou de "histórica".

Lingua natural

Entre os asistentes puídose ver ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; ao voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera; á conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas; e ao concelleiro delegado de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, Xosé Manuel Iglesias.

O primeiro interpretou a manifestación como unha mostra de que a cidadanía galega "defende o galego como lingua natural de Galiza" e aplaudiu que este "siga sendo o idioma maioritario". A respecto da ausencia de membros da parte socialista da Xunta na convocatoria, descartou rotundamente un grao de compromiso "menor" co idioma. "En absoluto", asegurou, ao tempo que apuntou que "moitos dos presentes terán sensibilidades diferentes á nacionalista".

Ademais, explicou que esta manifestación non é "dos que falan galego contra os que falan castelán", senón que "é dos que queren ben ao galego". Precisamente, considerouna unha plataforma dende a que lanzar "un berro de sedución" a todos os galegos, "especialmente, aos que aínda non utilizan o galego".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0