Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vieiros - Rotundo éxito da manifestación pola lingua
ENTRE 8 E 25 MIL ASISTENTES
Rotundo éxito da manifestación pola lingua

A chuvia non impediu que a Praza da Quintana se enchese sobradamente de cidadáns reclamando o seu dereito a facer a súa vida en galego.

Marcos S. Pérez - Vieiros - 15:07 18/05/2008


"Burra, no hables lenguas menores". Carlos Callón comezou o seu discurso na Praza da Quintana enumerando catro dos exemplos máis recentes de discriminacións ou ataques sufridos por galegofalantes por empregar a súa lingua en Galiza. Os protagonistas deses catro exemplos: Ana López-Suevos, Ignacio Vilar, Xesús da Torre e Eduardo Álvarez, foron os encargados de ler un breve manifesto que reivindicaba, sobre todo, o dereito a "vivir en galego", a ser quen de desenvolver a vida cotiá en todos os ámbitos na lingua propia de Galiza.

Foi a manifestación polo idioma máis numerosa que se lembra, seguramente motivada por algún destes rechamantes casos de discriminación, e nomeadamente polos ataques dirixidos meses contra a lingua galega dende distintas organizacións (encabezadas por Galicia Bilingüe), que parapetándose na defensa dunha suposta 'liberdade lingüística', teñen iniciado unha campaña contra o uso normalizado do galego. Galicia Bilingüe foi o obxectivo de moitos comentarios e berros, aínda que o máis repetido foi o xa clásico Na Galiza, en galego.

Chuviscou e choveu, intermitentemente, pero iso non influíu na asistencia a unha manifestación que resultou, sen lugar a discusión ningunha, un completo éxito, cunha moi visíbel participación de rapaces e adolescentes. A Praza da Quintana, con capacidade para unhas dez mil persoas, encheuse sobradamente, polo que parece claro que a participación superou esa cifra. A organización da marcha elevou o cálculo até as 25 mil persoas, mentres que a policía local rebaixou a asistencia até as oito mil manifestantes.

A marcha estivo encabezada por dúas fileiras de rapaces e rapazas, que portando candansúa faixa, reivindicaron o seu dereito a facer a súa vida en galego, comezando polo ensino, unha das grandes reivindicacións da manifestación, e clave para asegurar a supervivencia do idioma. Na Quintana, o presidente da Mesa, Carlos Callón, afirmou que a situación do galego é crítica, pero que aínda está na man dos cidadáns e das administracións o mudar esta realidade. Felicitouse por iniciativas como as Galescolas ou a Lei de Comercio, pero lamentou a situación do galego no ensino, tanto no universitario coma no obrigatorio, onde levan anos incumpríndose as leis que indican un mínimo de contidos na nosa lingua.

Igual de crítica amosouse a xuíza Ana López-Suevos, contra a que se abriron dilixencias opor permitir o uso do galego nun xuízo. López-Suevos criticou o escasos resultados que ao seu xuízo deron as políticas de normalización lingüística nos últimos 25 anos, e afirmou que en Galiza si existe un conflito lingüístico.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2008 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0