Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Imposición da Lingua Galega
Bieito Lobeira
gznacion.com


"Lo que resulta inadmisible es que permitiese que la Letrada de la parte actora formulase sus conclusiones en lengua gallega (?) Con ser ello grave, más lo es aún que el acta del juicio fuera realizada también en lengua gallega (?) Y que como culminación de todas estas irregularidades se nos remitiese la sentencia, naturalmente estimatoria de la demanda, también en lengua gallega." (sic)

Esta non é transcrición dun texto redixido hai sesenta anos, en pleno apoxeo do réxime franquista. Non: forma parte da denuncia, formalizada en Febreiro de 2008 pola empresa Radio Popular, S.A. ("Cadena COPE"), perante o Consello Xeral do Poder Xudicial, contra a Maxistrada titular do Xulgado do Social nº 2 de Compostela, Ana López-Suevos Fraguela, por cometer o "delito" de utilizar a lingua galega na propia Terra, neste caso na administración de xustiza.

Non son unicamente prexuízos os que operan á hora de motivar á Cadena COPE ?emisora radiofónica vinculada á Conferencia Episcopal Española- a atacar o idioma propio de Galiza. É unha auténtica persecución lingüística sustentada nunha actitude claramente xenófoba, antigalega. Pretende eliminar, literalmente, ás poucas persoas que na administración de xustiza respectan e defenden o idioma galego e os dereitos lingüísticos do pobo galego. Pretende impoñer o español, a toda costa e por calquera método, malia ser a lingua galega a única propia do noso país, e ademais de uso maioritario na poboación.

Resulta esperpéntico que, aínda a día de hoxe, se den casos de persoas, na súa propia nación, que pretendendo exercer o dereito inalienábel a seren atendidos no seu propio idioma na súa administración, se encontren con manifestacións de discriminación lingüística absolutamente aberrantes e intolerábeis do ponto de vista democrático. Aí temos os casos recentes de Paulo Carril ou Eduardo Álvarez nos xulgados d'A Coruña. E cando unha xuíza pretende democratizar este estado de cousas, facendo normal o que neste momento é anómalo, isto é, a incorporación do galego no ámbito xudicial, sofre toda a contundencia dunha resposta que mostra a auténtica faciana desa liña ideolóxica que ten a súa expresión política no PP (e non só), belixerante contra a lingua e cultura do noso país e negadora dos dereitos democráticos (humanos) máis elementais.

E aínda hai quen defende que o galego é un idioma "imposto" na Galiza? Moito hai que avanzar, moitos espazos hai que conquistar. O próximo 18 de Maio A Mesa pola Normalización Lingüística ten convocada unha manifestación "polo dereito a vivirmos en galego". Temos que converter esta mobilización, e a súa campaña previa, nunha demostración de forza da existencia e da vitalidade da lingua galega. E da reivindicación dos seus dereitos como idioma nacional. Somos unha nación e temos unha lingua.
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 27-04-2008 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Sobre o que veña da Cadena Cope non me resulta nada incrible, como entidade privada que faga o que queira, máis creo que o culpable moitas veces é quen lle segue a permitir obter licenzas para loitar nas ondas por estes ideais. Non cabe dúbida que a súa opinión e das máis retrógradas e rancias, pero non é nada fóra do común, por desgraza. Supoño que entre os seus radiointes hab#blgtk08#erá moitos que suscriban estas e outras menos ou tan pouco democráticas actuacións -véxase despedimento dunha traballadora pola súa orientación sexual-, a maneira de facerlles ver a súa pouca democracia sería analizando as licenzas que teñen e como as conseguiron, e mentras non sexa esto posible, deixando de sintonizalos e esixíndolles que cumpran coa lei naquelo que lles toca.
Comentario por emilio (28-04-2008 13:23)
2 O que non entendo é que facia unha afiliada da CIG e lesbiana traballando na COPE. En fin cousas veredes... #blgtk08#!!!
Ah eu estou totalmente en contra da COPE e penso que habería que pechala , polo menos na GALIZA.
Comentario por Vaia vaia!!! (28-04-2008 17:07)
3 Thanks for the fan#blgtk08#tastic post here.
Comentario por Rolex Replica (27-06-2013 05:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0