Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apoio á manifestación do 18 de maio

Dende esta Coordenadora manifestamos a nosa adhesión ao manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística e a participación na manifestación que se celebrará en Santiago o vindeiro día 18 de maio Polo dereito a vivirmos en galego.

Para facilitar a asistencia de todos aqueles que queiran sumarse á manifestación, a Coordenadora poñerá un autobús que sairá ás 9 da mañá do Marqués de Suanzes e regresará 45 minutos despois da manifestacíon. O prezo será de 2 ? para os socios da Asociación e 5 ? para os non socios.

Os que queiran utilizar este autobús deberán anotarse antes do día 14 de maio enviando un correo electrónico á coordenadora (cequipnormalizacion@gmail.com).
Cando o bus estea completo indicarase no blog. Os que se anoten recibirán confirmación, tamén por correo electrónico, o mesmo día de se anotar.

MANIFESTO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional ?Polo dereito a vivirmos en galego? este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como ?a lingua propia? do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.


Apoia o manifesto
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-04-2008 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0