Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O novo certificado de coñecemento do galego entrará en vigor en setembro


O novo certificado de coñecemento do galego, o Celga, entrará en vigor o vindeiro 1 de setembro. O Diario Oficial de Galiza publicou a orde pola que se regulan os niveis de habilidade co idioma e as probas para obtelos.

Segundo a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Celga substitúe aos cursos de Lingua Galega Oral e estrutúrase en cinco niveis, nos que se abordan tanto o coñecemento da lingua -gramática, fonética, ortografía e léxico- como os aspectos socioculturais.

Así, as primeiras probas para obter este título terán lugar durante o último trimestre deste ano, de modo que as persoas interesadas en obter estas acreditacións poderán presentarse aos exames dos catro primeiros niveis, mentres que o quinto, o máis avanzado, non se poderá conseguir até 2008, a partir do que se realizarán dúas convocatorias anuais de todos os niveis.

Validacións

Deste xeito, será validábel polo Celga 1 o certificado do Curso elemental de lingua e cultura galega para estranxeiros e non galego falantes impartido polas universidades galegas e o certificado do nivel básico de estudos de Galego da UNED.

O Celga 2 validará o título de graduado escolar, se se estudou toda a EXB en Galiza e cursouse oficialmente a materia de Lingua Galega en todos os cursos. Tamén serán validábeis o certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galiza e o nivel medio de galego da UNED.

O Certificado de Lingua Galega 3 validará o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), se se estudou en Galiza e cursouse oficialmente a materia de Lingua Galega en todos os cursos. A este nivel equivalerán tamén o certificado do ciclo inicial de galego das escolas oficiais de idiomas.

No caso do Celga 4, serán validábeis o título de bacharelato (LOGSE ou BUP) ou técnico de FP2. Así mesmo, será equiparábel a este nivel a certificación do Curso de especialización en lingua galega para profesores de EB.

O último nivel de coñecemento, Celga 5, validará o título de licenciado en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección de galego-portugués), calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de Lingua Galega, e estea en posesión do Celga 4. Tamén será validábel polo Celga 5 o certificado do ciclo superior de galego, expedido polas escolas oficiais de idiomas.


Novas relacionadas

* Diversos colectivos denuncian que a proposta de Política Lingüística para os novos certificados de galego non supón ningún avance

Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 31-07-2007 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A verdade é que todo este tema do cambio de diploma de prefeccionamento do Galego ó novo CELGA, a min polo menos, tenme un pouco desconcertada.
Para tódoos colectivos e categorías do SERGAS éno#blgtk08#s moi útil pois da puntos ou evítanos exames, pero agora, xa nos sabería que decir.
no meu blog de enfermaría, estou a tratar este tema. Seguro que nos podedes axudar a moitos.
Grazas!!
Comentario por Enfergal (31-07-2007 23:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0