Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En galego sen filtro
O Concello entregará o mércores os premios do certame de poesía e imaxe En galego sen filtro

(Lugar: a voz | ferrol)

O Concello de Ferrol ten previsto facer entrega o vindeiro mércores, día 2 de maio, dos premios do sétimo certame de poesía e imaxe En galego sen filtro. O acto celebrarase no Centro Cultural Carballo Calero a partir das sete da tarde.

Nesta edición resultaron premiados un total de 31 alumnos e alumnas de dezaseis centros educativos de Ferrol e comarca, que recibirán un agasallo conmemorativo do certame de mans do edil delegado da área de Educación e Normalización Linguística do Concello, José Manuel Vilariño.

Paralelamente á entrega dos galardóns, o Concello inaugurará unha exposición cos traballos premiados. A mostra permanecerá no Carballo Calero do 2 ao 5 de maio, para posteriormente percorrer os distintos centros educativos participantes no certame durante un prazo de quince días. En galego sen filtro é unha das actividades que desenvolve o Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Linguística. Promove a participación do alumnado baseándose en fragmentos de posía ou prosa en diferentes linguas que se traducen ao galego.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2007 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0