Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÚAS ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA (IMAXES NA FOTOBLOGOTECA)
Organizadas pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra realizáronse as dúas actividades de Inmersión Lingüística das que podedes ver imaxes na FOTOBLOGOTECA correspondente (No menú da dereita, entre Categorías e Recomendados) .
1-
24 de marzo - PERCURSO FALADO POLA FRAGA DO EUME


Xa argallamos o segundo percurso falado deste ano, desta volta fomos á Fraga do Eume.
Eis algunhas imaxes.

2-
20 e 21 de abril - COA LINGUA DE EXCURSIÓN: IMOS PARA PORTO


Máis un outro ano continuamos con actividades de inmersión lingüística no ámbito das excursións intercentros. Marcharemos para unha das capitais máis significativas do occidente peninsular: a cidade portuguesa de Porto.
Os obxectivos académicos e de formación persoal máis sobranceiros son:
1. Abrir novos espazos de convivencia e comunicación en galego para que o alumnado dos distintos centros de ensino medio da área comarcal de Ferrolterra se poidan coñecer e relacionar.
2. Crear interese polo coñecemento concreto, en vivo e en directo, da realidade actual da xeografía, paisaxe, natureza, medios de transporte, historia, ciencia, economía, arquitectura e hábitos lingüísticos dunha realidade social tan achegada á nosa como a do norte portugués.
3. Promover o uso habitual da lingua galega como vehículo de comunicación normal nas relacións entre rapaces e rapazas.
Eis algunhas imaxes.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-04-2007 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Agardo contedes á volta a experienci#blgtk08#a. Que o pasedes ben e moita sorte.
Comentario por Nasas (24-04-2007 09:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0