Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ferrol reivindicou o galego como garantía de futuro no Día das Letras
REDACCIÓN DIARIO FERROL | Actualizado 18 Mayo 2015 - 01:00 h.



Ferrol volcouse onte coas Letras. Varios centos de persoas encheron a praza do Cruceiro de Canido en resposta á convocatoria da plataforma Queremos Galego que reivindicou unha vez máis o idioma como garantía de futuro. ?O galego non desaparecerá mentres non deixemos de usalo, mentres nós reivindiquemos a súa normalidade e actuemos no noso día a día para revitalizalo?, recollía nun manifesto a plataforma no que tampouco faltou espazo para a crítica ás administracións. ?Mantémolo a pesar de termos un goberno que a través dun decretazo reduciu a súa presenza no ensino ou o prohibiu para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía. Mantémolo aínda que por acción ou omisión a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no lexendado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís?, sinalaron.
No acto, respaldado por numerosas formacións políticas da bisbarra, reivindicáronse tamén accións concretas a favor da lingua ?como as xa aprobadas unanimemente hai dez anos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e sobre as que só tivemos retrocesos?, criticaron. ?O galego precisa tamén dun goberno que asuma as funcións que ten encomendadas, apoiando un amplo movemento que neste momento acúa en solitario todos os días?.
Aínda que si o máis concorrido, o acto de Canido non foi o único co que a cidade celebrou onte a festa das Letras. O Ateneo Ferrolán, unha das entidades que participou na mobilización de Queremos Galego, propuxo durante a mañá un feirón das Letras Galegas nas súas instalacións. Diversas librarías e colectivos puxeron á venda libros e diverso material representativo do idioma e a cultura galega. A entidade agasallou ademais os participantes ?os que atoparon algún dos 40 sobres acochados nas rúas e prazas da cidade? con libros en galego.
A zona rural, concretamente o local social de San Pedro de Marmancón acolleu o acto institucional que unha vez máis fuxiu do centro da cidade naval. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, foi o encargado de presidir a cita que, organizada pola Agrupación de Asociacións Veciñais da Zona Rural, reuniu a un cento de persoas. A figura do homenaxeado deste ano, Xosé Filgueira Valverde, recuperou o protagonismo do acto a través da lectura de varios dos seus textos. As corais O Cruceiro de Valón e Ecos de Chamorro puxeron a nota musical ao evento que culminou coa interpretación do Himno Galego.
Non foi este porén o único ?xesto? que o Concello tivo co motivo de tal efeméride. A Concellería de Educación repartiu ao longo da semana un total de 85 libros do homenaxeado. A obra ?Quintana Viva? distribuiuse entre unha vintena de centros educativos de Infantil e Primaria.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 18-05-2015 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0