Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Boa parte da publicidade das empresas galegas non respecta os topónimos
Por Xosé González Martínez - Mundiario - 28 de abril de 2015

Presidente do Foro E. Peinador. Colaborador de MUNDIARIO.



Non estaría de máis que o Goberno galego arbitrase medidas instando a notarios e rexistradores a correxiren de oficio a documentación presentada por particulares para a constitución de sociedades.

Abonda con prestarlle atención ao tráfico automobilístico das nosas estradas para decatármonos de que boa parte da publicidade comercial reproduce os topónimos, maiores e menores, dos lugares onden radican esas empresas deturpados. É tal o desleixo que nalgún casos resultan incomprensibles. Esta constatación evidencia a insensibilidade de boa parte do empresariado galego polo noso patrimonio cultural.

A esta desorde súmanse algunhas redes sociais que lles impiden aos seus usuarios utilizar nos seus propios perfís o nome oficial da localidade onde viven, porque ao cumprimentaren os requisitos esixidos para abrilos, automaticamente son traducidos ao castrapo que noutrora era frecuente nos indicadores de poboación en Galicia. A inobservancia da legalidade está presente tamén nas tiquetas de moitas marcas de produtos agroalimentarios.

Pero máis chamativa é, despois de tantos anos en vigor dos decretos da Xunta de Galicia que os oficializou, que algúns organismos da Administración do Estado con competencias en Galicia sigan facendo caso omiso desa lexislación. Os documentos nacionais de identidade expedidos polas comisarias de policia, por exemplo, son unha mostra máis dese asañudo comportamento oficial. Por paradoxal que pareza observamos idéntica actitude nas resolucións xudiciais.

En 1984 a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia levara a cabo unha eficaz campaña para instar ás corporacións locais a restaurar a nosa toponimia. Foi importante para a súa normalización a ?Declaración dos Alcaldes pola normalización Lingüística?, e tamén as xestións realizadas coa Telefónica para que as edicións das guías recollesen os nomes oficiais das localidades, e que, ao tempo, os consistorios galegos se localizasen como ?Casa do Concello?. Gardamos como testemuño daquelas xestións a carta de don Luís Solana, presidente da compañía, accedendo aos nosos pedimentos.

Daquela eran frecuentes as corrección feitas por mans anónimas nos indicadores de poboación, que nalgúns casos acabaron con detencións e posteriores xuízos condenatorios. En 1985, en Compostela, un xuíz, don Carlos López Keller, con sentido común na aplicación do dereito, ditara unha inusual sentenza absolutoria por considerar que os feitos declarados probados non eran legalmente constitutivos de delito ?porque o acusado limitouse a se adiantar á actuación oficial, que, por outra banda como é público e notorio, procedeu en numerosos lugares a redactar en galego os nomes dos lugares nos sinais de tráfico?. Pouco lle faltou ao xuíz para condenar á Administración a pagarlle o importe da brocha e a pintura ao acusado.

O paso do tempo non foi abondo para que empresas e algunhas institucións públicas fosen máis respectuosas coa legalidade. Por esta razón non estaría de máis que o Goberno galego arbitrase algunhas medidas instando a notarios e rexistradores a correxiren de oficio a documentación presentada por particulares para a constitución de sociedades e todos os instrumentos xurídicos; medidas que deberan ser extensibles aos seus propios organismos con competencias en transportes. Tampouco estaría de máis unha imaxinativa campaña publicitaria.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2015 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0