Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Academia leva ao Tribunal Constitucional o decreto do plurilingüismo
O Plenario da Real Academia Galega decidiu presentar recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a sentenza do Supremo polo decreto do plurilingüismo no ensino non universitario. Afirma que se ve na ?obriga? de facelo, en defensa das ?persoas galegofalantes?.

Sermos Galiza


A Academia decidiu continuar adiante nos tribunais coa súa oposición ao decreto do plurilingüismo no ensino non universitario e chega agora ao Tribunal Constitucional cun recurso de amparo contra a recente sentenza do Tribunal Supremo que ditaminaba sobre o recurso de casación á sentenza do Superior de Xustiza de Galicia.

A RAG asina, ao facer pública o recurso perante o Constitucional, un comunicado máis que cuestiona a política lingüística do goberno de Feijóo. A entidade presidida por Alonso Montero confesa verse ?na obriga? de presentar o recurso na ?defensa dos dereitos das persoas galegofalantes, que considera vulnerados polo devandito decreto?. Continúa, pois, o proceso xurídico que se iniciaba coa demanda presentada pola RAG perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Vulneración do dereito de igualdade

O cerne do recurso móvese arredor da vulneración do dereito á igualdade que non está amparado, segundo din, na sentenza á que se refire. Os argumentos nos que se fundamenta o recurso de amparo da RAG son, entre outros, o dereito á igualdade e no mandato a prol da normalización lingüística recollido na propia Constitución e o Estatuto de Autonomías. Remítese tamén á Lei de Normalización Lingüística e á Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, co máximo nivel de compromisos por parte do Reino de España que obriga entre outros ?a ofrecer unha educación preescolar, primaria, secundaria, técnica e profesional garantida en lingua galega?.

"Perpetúa a situación de inferioridade"

?O máis grave é que o dito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, afondando nos prexuízos contra a mesma, ao excluír taxativamente o seu uso nas materias de contido científico?, di no seu texto unha Academia que entende que o Decreto 79/2010 no canto de desenvolver a LNLG ?en realidade está en aberta contradición con esta, obviando o concepto de normalización e anunciando no preámbulo un cambio do marco legal, pese a que se trata unicamente dunha norma para o desenvolver?. A Real Academia Galega entende que as devanditas consideracións fundamentan o recurso ante o Tribunal Constitucional, sendo que poñen de manifesto a vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza recorrida.

?A propia xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten establecido que ambas as linguas oficiais (galego e castelán) deben ter unha presenza no ensino suficiente para garantir a consecución do obxectivo de igualdade?, explícase no recurso, remitindo ás propias sentenzas emitidas polo TC.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-04-2015 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0