Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Queremos Galego volve ás rúas o 17 de maio para garantir o futuro da lingua
Sermos Galiza - Quinta feira, 23 de Abril do 2015

Galego, garantía de futuro é o lema co que a plataforma Queremos Galego convoca á cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán o vindeiro 17 de maio en vilas e cidades galegas.


A plataforma cidadá Queremos Galego volverá ás rúas o vindeiro 17 de maio en manifestación e concentracións que se desenvolverán en distintas cidades e vilas galegas ás 12 do mediodía co lema Galego, garantía de futuro.

Na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo están xa confirmadas as mobilizacións que se convocarán baixo o lema ?Galego, garantía de futuro? co que se quere poñer á vista que ?a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua?, explicou o voceiro da plataforma cidadá, Marcos Maceira que volveu, como xa fixera despois da multitudinaria manifestación do 8 de febreiro, lembrar que o presidente Feijóo segue sen recibir ás entidades defensoras da normalización lingüística.

?Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo ?normalización? como está a facer?

?O actual goberno da Xunta actúa irreponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía?, sinalou Maceira ao tempo que fixo fincapé en ámbitos nos que a presenza da lingua está en grave perigo de desaparición como a dobraxe, os servízos de atención telefónica, a educación infantil, a formación profesional a distancia e de adultos, a administración electrónica, a xustiza ou a saúde.

Lamentaron desde Queremos Galego que após a masiva manifestación do 8 de febreiro, a sociedade galega tivera como única resposta un ?anuncio propagandístico? sinalaron, en relación co ?Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico" que ven de anunciar o goberno mais que, malia telo reclamado en reiteradas ocasións, continúan sen recibir por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüísticas.

?Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo de ensino, e deixaría de proscribir o termo ?normalización? como está a facer?, afirmaron no acto de presentación das mobilizacións do 17 de maio para o que Queremos Galego chamou á sociedade a participar porque, segundo defenderon, ?o pobo galego ten que se o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días do ano?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 23-04-2015 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0