Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Miles de persoas marchan polo galego
?Un paso adiante e outro adiante, Galiza! Defendamos ou noso idioma'?, foi o lema das protestas. Suso de Toro e Xosé Manuel Beiras denuncian a proceso a doce mozos por defender o idioma e as políticas lingüísticas da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/05/2014


17 de maio. Día das Letras Galegas, pero tamén de reivindicación polo noso idioma. Iso fixeron miles de persoas nas principais cidades galegas con duras críticas á política que nesta materia aplica a Xunta.

'Un paso adiante e outro adiante, Galiza! Defendamos ou noso idioma'. Esa foi a pancarta de Queremos Galego que presidiu todas as marchas que saíron ao medio día e que contaron co apoio das forzas da oposición no Parlamento, así como de movementos sindicais e de diferentes colectivos culturais e estudantís.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira dixo que o galego é unha lingua que está "enferma, maltratada e desprestixiada" pero pola que está disposta a loitar "moita xente, a participar no seu uso, difusión, e promoción?. ?Iso é o que nos ten que alegrar porque é o que pode reverter a situación actual na que o galego por desgraza non ten a presenza que lle corresponde lexitimamente na nosa sociedade ao ser a lingua propia do noso país", dixo.

O portavoz parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, recorreu á ironía para falar da política lingüística da Xunta. ?Son as da analfabetización e de feito é significativo que o presidente da Xunta confunda Poemas Galegos con Cantares Galegos", dixo dnha das obras máis coñecidas da poetisa Rosalía de Castro.

O histórico nacionalista criticou que aínda hoxe teñan que ser os cidadáns os que defendan o idioma contra quen ten a obrigación institucional, non xa de defendelo, senón de convertelo na lingua "socialmente normalizada" nesta terra.
Críticas polo xuízo a 12 persoas

Na marcha de Compostela, o escritor Suso de Toro lamentou, como xa fixeron varias forzas políticas da oposición, o xuízo que se iniciará o vindeiro martes contra 12 independentistas para quen a Fiscalía pide 45 anos de prisión en total e máis de 30.000 euros de multa pola súa implicación nos altercados que se produciron en febreiro de 2009 tras unha manifestación convocada pola plataforma Galicia Bilingüe na que participou UPyD.

"Van ser xulgados uns mozos por defender a lingua galega cando fai cinco anos veu unha deputada por Madrid, a señora Rosa Díez, con varios autobuses cheos de persoas que querían criticar o que faciamos en Galicia, que era defender a nosa lingua".

En Pontevedra, unha cidade gobernada polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, a multitude congregouse na Praza da Peregrina. Entre os asistentes, estaban a maioría de edís locais do Bloque, dos cales foi Demetrio Gómez quen tomou a palabra tras unha breve actuación musical para reivindicar a importancia desta data.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0