Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

«Queremos Galego» xuntou festa e reivindicación na manifestación de Compostela

O manifesto final de defensa de mais usos do idioma foi lido por representantes de varias organizacións. As máis de mil persoas que participaron cantaron un tema musical composto para esta celebración.

La Voz de Galicia - Santiago de Compostela 17 de mayo de 2014


«Queremos galego» foi a consigna que máis se escoitou hoxe en Compostela, na manifestación convocada pola plataforma que leva este mesmo nome, e que reúne a varias organizacións. Unhas mil persoas partiron às 12.13 da Porta Faxeira e, tras un pequeno percorrido pola rua Senra e a praza de Galicia retornaron ao mesmo lugar. No acto participaron coñecidos representantes da política, a cultura e o movemento estudantil, como Xosé Manuel Beiras, Yolanda Diaz, Camilo Nogueira, Elvira Cienfuegos, Rubén Cela, os candidatos ás elecións europeas Suso de Toro e Lidia Senra, e outras.
O acto xuntou festa e reivindicación. Houbo música, e todo o tempo foron voceados lemas como «Falemos galegos, temos dereito», «Nas aulas de Galicia queremos galego», e outras. En numerosas faixas tamén se reclamaba mais uso do idioma especialmente no ensino, e en moitos outros âmbitos. Na que encabezaba a marcha a consigna escollida era ?Un paso a diante e outro adiante, Galiza», que lembraba, introducindo como enmenda o segundo ?adiante? un coñecido verso de Xosé Maria Diaz Castro, o poeta a quen este ano se dedica a efeméride do Dia das Letras Galegas.
O manifesto final foi lido por representantes de varias organizacións. O documento incluía un decálogo de espazos onde reclamaba con maior ênfase avances para o idioma «Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente, e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar», segundo salientaba nas últimas liñas
Xá na parte final do acto houbo tempo para ler poemas de Diaz Castro, Manuel Maria, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro. E para interpretar un tema, «Falemos en galego», en colaboración coa coral Solfa de Fontiñas. Esta canción foi composta para esta celebración e reivindica o uso da lingua, para concluír con estes versos: «Vivirmos en galego/ é un dereito elemental/ Defendámolo sempre/ Queremos ser normais».
Pasadas as 13.15 o acto finalizou coa interpretración do hino galego.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-05-2014 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0