Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tirado de Galicia Hoxe (10 abril 2007)
Imponse o "castellano"

Demoledor informe: o galego está a morrer no noso ensino

O Consello Escolar alerta da marxinación real fronte ó castelán en Infantil e Primaria


De demoledor podería cualificarse o informe do Consello Escolar de Galicia sobre a situación do galego no ensino. A súa presenza é "deficitaria" na educación infantil e na primaria, especialmente no primeiro ciclo, pero o peor é que se confirma unha clara desgaleguización no tránsito da familia á escola. O consello, ademais, alerta dunha "incentivación da non transmisión interxeracional deste idioma". A análise aparece no Informe sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia correspondente ós cursos 2002-03, 2003-04 e 2004-05 e nel, o Consello Escolar de Galicia subliña a necesidade dunha "actuación urxente e decidida" para avanzar na galeguización da educación.

O informe non deixa torre ergueita, pero as evidencias non son para menos. En infantil e primaria o uso das linguas na aprendizaxe da lectura e da escritura é "desproporcionada" e "claramente favorable ó castelán". Deste xeito, ó comezo do primeiro ciclo de primaria, un terzo do alumnado non alcanza a competencia suficiente, o 43% sitúase na suficiencia e menos da cuarta parte, o 23,9%, mostra un "dominio bo ou moi bo".

O coñecemento de galego, aínda que mellora 16,2 puntos ó finalizar este primeiro ciclo, "non alcanza a suficiencia requirida". Así, o 16,8% non ten un nivel "necesario" para empezar o segundo ciclo de primaria. No entanto, a competencia é maior ó finalizar esta etapa educativa e "só un 6,7% non logrou o nivel adecuado ó acceder a BUB e unicamente o 5,7% ó iniciar ESO".

Nas etapas de infantil e primaria, o 66,9%, emprega o castelán, mentres o galego se reduce ao 33,1%. No caso do profesorado, a porcentaxe de bilingües alcanza o 64,5%, aínda que tamén é maioritario o emprego do castelán, un 53%. Nas familias, pola contra, téndese a un equilibrio entre ambos os idiomas, un 72% de medio bilingües. O alumnado "está máis castellanizado" -un 63%- que o profesorado -un 42%- pero os escolares monolingüe en galego superan en 9,5 puntos aos seus docentes.

No referente ao uso escrito do galego, este presenta o 31,9% e non mostra diferenzas significativas por nivel e ciclo, excepto en 4 e 5 de primaria, onde se rexistran os valores "máis altos". Ó contrario, a presenza do castelán, co 39,9%, sitúase en xeral uns 8 puntos por enriba do emprego do galego. O informe reflicte tamén que no total da secundaria o uso habitual do galego no alumnado se sitúa 16 puntos por baixo, o 41%, do valor do 50% do emprego establecido. Os estudantes de BUP e COU destacan co 51,4% do uso; seguidos polos de ESO, co 38,4%; e Formación Profesional, co 30,1%.

Profesores sen dominio do idioma


O Consello Escolar sostén que a competencia docente en lingua galega do profesorado non debería representar unha dificultade para os funcionarios públicos, pero "aínda así máis da cuarta parte dos que impartían docencia nos tramos non obrigatorios declaraban que non a tiñan". O órgano educativo sinala que a Administración debe esixir unha formación a todo o profesorado para tal competencia.

Tamén considera necesario que se atendan outros aspectos da situación sociolingística escolar que seguen freando o avance do idioma. Así cualifica de "insuficiente" o apoio da Administración, a falta de materiais didácticos e a necesidade dun plan de actuación "que permita combater con éxito prexuízos lingúísticos aínda moi enraizados na comunidade escolar".

Ademais, propón por parte dos centros públicos unha postura "máis decidida" da Administración, unha "maior" motivación ó alumnado e máis apoio ó profesorado. "Sorprende comparando as maiores porcentaxes que as solucións que acercan os centros privados concorden pouco coas dos públicos", precisou.
Ligazón coa noticia e os comentarios en Galicia Hoxe
Comentarios (3) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-04-2007 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ulos que dicían que se estaba a impor o galego, os da discriminaci#blgtk08#ón negativa para os españois falantes?

Caraduras!!!
Comentario por A vida en Ponteareas (11-04-2007 16:43)
2 Uf...
Algún coma min vivimos na nosa pequena realidade: combativa pero menos dorosa que a que reflicte este estudo. Sabía que as cousas están mal pero un día co café da mañán esbóurache na man a crúa realidade#blgtk08#. Fíxome graza que había un ladillo sostendo que iamos millor que as linguas célticas...
Non vos quero contar como están as linguas minorizadas francesas pero estamos a unha xeración de poñernos ao seu nivel.
Comentario por turonio (11-04-2007 17:18)
3 Thanks for the fan#blgtk08#tastic post here.
Comentario por Mulberry Replica handbags (27-06-2013 05:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0