Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eurodeputados piden á UE medidas contra a discriminación de galego, catalán e vasco
Praza Pública - Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


Un grupo de eurodeputados veñen de reclamar á Comisión Europea que tome medidas para evitar as discriminacións lingüísticas e que estas sexan consideradas tan graves como as sufridas pola orientación sexual, a relixión ou a orixe étnica. Os sete europarlamentarios, e tendo en conta varios casos sobre a situación do galego, o éúscaro ou o catalán en España, solicitan que se modifiquen algunhas directivas existentes para incluír provisións sobre as discriminacións lingüísticas, ou ben que se elabore unha nova "sobre a aplicación do principio de non discriminación por razón de idioma".

Así o explicaron os sete eurodeputados -cataláns e vascos- en rolda de prensa. Sete parlamentarios que representan ao PSC (Maria Badia e Raimon Obiols), CiU (Salvador Sedó e Ramon Tremosa), ICV (Raül Romeva), PNV (Izaskun Bilbao), pero tamén a Aralar, BNG e ERC, a través de Iñaki Irazabalbeitia, representante agora do grupo de Europa dos Pobos e cuxo escano ocupaba ata hai uns meses a eurodeputada do Bloque Ana Miranda e, anteriormente, o actual secretario xeral de Esquerra, Oriol Junqueras.

A súa carta de queixa foille enviada á comisaria de Xustiza e Dereitos Fundamentais e Cidadanía, Viviane Reding, así como á de Educación, Cultura Multilingüismo e Mocidade, Androulla Vassiliou, e foi apoiada tamén polo presidente o do intergrupo sobre Minorías e Linguas, o socialista húngaro Czaba Tabajdi. Nela denuncian que "desafortunadamente, nalgúns estados membros, hai unha politica de discriminación sistemática da lingua que require unha resposta legal a nivel europeo".

Os eurodeputados consideran "unha disfunción" que "a lexislación da UE prohiba e combata a discriminación por orientación sexual, relixiosa ou étnica, pero non nos casos nos que os cidadáns son discriminados por motivos de lingua". Badia (PSC) destacou ante a prensa que "no Tratado de Lisboa se establece o tratamento igualitario para todos os cidadáns da UE", pero "nin o tratado nin a normativa que o desenvolve cobre a discriminación por razón de idioma".

Romeva (ICV) e Sedó (Unió) tamén destacaron que, aínda que Europa debe dar respostas á discriminación lingüística, "antes hai que pedir protección dentro do Estado", en referencia ás discriminacións que as linguas minoritarias sofren en España. De feito, a Plataforma per la Llengua catalá presentou un informe sobre corenta casos de discriminación lingüística do catalán, principalmente por parte das administracións.

O propio Romeva recoñeceu a súa "frustración" logo de dez anos de loita polo uso oficial do catalán na Eurocámara e Tremosa (CiU) denunciou que xa remitiu "máis de dez cartas á Comisión" sobre discriminación lingüística, pero que o Executivo comunitario "sempre lavou as mans neste asunto".

Os eurodeputados propoñen modificar a directiva 2000/78/EC de novembro de 2000 sobre igualdade de trato no mercado laboral para engadirlle que tampouco se poderá discriminar un traballador ou un candidato nunha entrevista polo feito de falar unha determinada lingua. Tamén queren incluír a lingua na proposta da directiva europea para "implemetar o principio de igualdade de trato entre persoas, independentemente da súa relixión ou crenza, minusvalía, idade ou orientación sexual". Ademais, piden á Comisión que artelle unha directiva específica sobre a non discriminación lingüística, baseándose no artigo 21 da Carta de Dereitos Fundamentais.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-01-2014 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0